Infraestructuras

El PP considera “indecente” que Caballero intente apropiarse del proyecto de Rozas

By 14 abril, 2016No Comments

El portavoz popular Jaime Castiñeira critica “el descaro” del alcalde de Vigo que “pretende apuntarse como líder de esta iniciativa aeronáutica cuando los suyos votaron en contra en el Concello de Lugo y, anteayer, lo criticaron en el  Parlamento cuestionando, incluso, que se llevase a la localidad de Castro de Rei.

O voceiro do GMPP recomendou á alcaldesa “ter moito coidado co abrazo de Abel Caballero non vaia ser o abrazo do oso”. Castiñeira fixo esta reflexión tralas declaracións do alcalde de Vigo “que onte tivo o descaro de presentarse en Lugo como líder do proxecto aeronáutico de Rozas” algo que Castiñeira cualificou como “o colmo da indecencia”. O voceiro popular recriminou a cara dura de Caballero que “mentres en Lugo se apunta como líder deste proxecto, un día antes, no Parlamento, o seu escudero Abel Losada poñía en tea de xuízo esta iniciativa chegando a cuestionar que se levase a Rozas”.

Castiñeira recriminou a indefinición dos socialistas con este proxecto lembrando como, no pleno do 29 de Outubro, o goberno do PSOE de Lugo sumáronse ás teses de AGE e apoiaron unha iniciativa encamiñada a paralizar as probas para implantación deste proxecto aeronáutico de Rozas.

Os populares dan a benvida ao PSOE, que agora parece mirar con bos ollos esta iniciativa promovida pola Xunta do Partido Popular, pero matizan que a ninguén se lle esquecen os 15.000 postos de traballo prometidos por José Blanco para un desguace de avións “nin nos 8 anos do que estiveron no goberno central, nin nos 4 que estiveron na  Xunta foron capaces de crear nin un só dos postos prometidos”.

 O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo fixo estas declaracións logo da visita de Abel Caballero ao Concello de Lugo. Jaime Castiñeira non pasou por alto que a reunión se fixera na Casa do Concello criticando o uso partidista da visita xa que “si se trataba dun acto institucional e non de partido deberían ter convocado ao resto dos grupos políticos” lamentado que “a alcaldesa, unha vez máis, non estivese á altura”.

Para os populares o uso de dependencias municipais para acoller  esta reunión do alcalde de Vigo e Carmela Silva supón unha falta de respeto aos lucenses e ao resto dos Partidos Políticos da corporación xa que “é pública a xira por Galicia de Caballero para conseguir apoios e fortalecer o seu liderazgo dentro do PSdG”. Castiñeira apuntou que este tipo de encontros se deberían celebrar na sede de cada partido ironizando que neste caso “ao tratarse dunha sede controlada polas huestes de Besteiro era complicado facer a xuntanza neste local”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies