Sin categoríaTráfico

El PP consigue el apoyo de la corporación para ampliar plazas de aparcamiento en Augas Férreas

By 29 septiembre, 2016No Comments

El Partido Popular consigue el visto bueno del resto de los grupos de la corporación para llevar a cabo un estudio del tráfico en la  Praza de Augas Férreas con el objetivo de  ampliar el número de plazas de aparcamiento.

Na Praza de Augas Férreas e nas súas inmediacións hai serias dificultades para estacionar os vehículos, debido ás numerosas vivendas e negocios que fan desta zona da cidade unha das máis dinámicas, con gran movemento de vehículos e poboación.

Algunhas vías nesta zona da cidade son unidireccionais e contan con dous carrís de circulación no mesmo sentido, como no caso das rúas Cantigas e Flores e Círculo das Artes, o que permite estudar a posibilidade de empregar ambas marxes da rúa como aparcadoiro en línea.

Parece unha solución razoable, máis aínda se temos en conta que non se trata dunha zona complicada en canto ás retencións e intensidade de tráfico e así gañaríase numerosas prazas de estacionamento na zona.

Outras alternativas dirixidas á ampliación das prazas de estacionamento sería a través da eliminación dun dos carrís de circulación e transformando unha das bandas de estacionamento nun espazo de aparcadoiro en batería ou en ángulo, en rúas como Rafael Dieste ou Camilo José Cela. Esta solución é similar á exposta polo Grupo Municipal do PP non contorno do HULA a cal foi rexeitada polo PSOE e o BNG no Pleno celebrado o 6 de maio de 2013, aínda que posteriormente foi executada polo equipo de goberno.

Por outra banda sería adecuada estudar a creación de zonas de estacionamento de motos e bicicletas, así como deseñar alternativas para incrementar o número de estacionamentos na propia Praza de Augas Férreas.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

Instar ao Goberno Municipal a que realice un estudo de tráfico do contorno da Praza de Augas Férreas, que avalíe as posibilidades para aumentar o estacionamento na zona e as opcións de implantar prazas de aparcadoiro en batería e novos carrís de estacionamento en línea.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies