Urbanismo

El PP confirma su temor de que en este mandato no se aprobará el 5% del PXOM ante la falta de avances del bigoberno

By 28 junio, 2021No Comments

El vicevoceiro del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide mostró su preocupación ante la falta de avances y concreción por parte del gobierno local, ya que Álvaro Santos no fue capaz de explicar en comisión ningún avance real ni data alguna para alcanzar la aprobación definitiva del PXOM, ni siquiera de los fechas sobre los próximos pasos a dar

O pasado 31 de maio, o Grupo Municipal do Partido Popular solicitaba a convocatoria extraordinaria da comisión de sostibilidade urbana para que o responsable de Urbanismo, Álvaro Santos, explicase os supostos avances do goberno local para acadar a aprobación definitiva do 5% do PXOM, pendente dende 2011.

Unha xuntanza que se celebrou o xoves e que deixou unha situación aínda máis preocupante, xa que Santos non foi capaz de confirmar data algunha nin ningún tipo de avance na aprobación definitiva do PXOM, o que certifica os malos augurios avanzados polo Grupo Popular: que este mandato rematará sen que Lara Méndez sexa capaz de aprobar o 5% restante do PXOM.

A realidade é que o PXOM segue “estancado e sen data” para avanzar. Cando menos, resulta chamativo a paralización que houbo dende o ano 2013 ata agora, “parálise recoñecida por Santos na xuntanza do xoves”, polo que Antonio Ameijide pregunta directamente “que vai a face reste goberno local para impulsar o PXOM dunha vez por todas?”.

O concelleiro popular recorda que o desbloqueo do 5% do PXOM está pendente de aprobación dende o ano 2011 e agora “está nun punto morto”. “Nos seguimos na mesma liña de sempre, se o goberno local quere sacar adiante o 5% do PXOM, aquí nos vai a atopar xa que é o único camiño para desbloquear os problemas de urbanismo do municipio e para rematar co urbanismo á carta que provocou o Garañón”, sinala.

A realidade é que o Concello de Lugo aínda non resolveu as deficiencias sinaladas pola Xunta nun informe remitido en outubro de 2016, curiosamente as mesmas eivas comunicadas o 16 de abril de 2013, onde se pedía ao concello corrixir os aspectos reflectidos na orde de aprobación definitiva do 95% do PXOM en 2011 e que, posteriormente, se lle volveu a demandar en 2020.

Para os populares, resulta curioso, pero é de agradecer, que Santos agora amose unha postura de agradecemento coa Xunta, da que recoñeceu a súa boa vontade e as facilidades que o ente autonómico está a dar para acadar a aprobación definitiva do PXOM. “Esa actitude que agora loan é a que ten o goberno galego dende o ano 2011, o que demostra que se non está aprobado é pola falta de vontade e traballo do PSOE”, afirma.

Ameijide lamenta “a memoria selectiva” de Santos, que se desentendeu de todo o que se fixo na súa concellería antes do 16 de abril (data na que tomou posesión do seu cargo). “É curioso que non saiba nada do que fixo o anterior responsable de Urbanismo, que era compañeiro seu de corporación e partido ou que se desentenda dos inicios deste problema, que provocou o seu padriño político”, lamenta.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies