Urbanismo

El PP confirma con los principales sectores afectados que la crisis en urbanismo está paralizando Lugo

By 27 abril, 2021No Comments

El vicevoceiro del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explicó que se pedirá al secretario municipal un pronunciamiento técnico que clarifique se existen incompatibilidades con las nuevas atribuciones que asumió el interventor con respeto a las que tiene como funcionario habilitado nacional

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular  mantiveron varias xuntanzas con representantes de colectivos afectados directamente pola crise en urbanismo, como a Apec ou os colexios oficiais de arquitectos e aparelladores, contactos nos que os concelleiros populares atoparon varios problemas comúns aos que é preciso poñer freo de xeito inmediato.

Antonio Ameijide explica que o primeiro deles é mellorar a organización da área de urbanismo. “Non sabemos se o mellor é reestruturar ou tomar outra serie de medidas, pero é imprescindible facer algo para poder desatascar a situación, algo para o que pedimos unha auditoría externa e independente”, sinalou.

O certo é que hai un problema coa concesión de licenzas. Dende o Grupo Municipal Popular xa se fixo público que os 90 días de prazo legal que marca a lei para a resolución dunha petición de licenza son unha “quimera” con Concello de Lugo xa que a media se sitúa nos 330 días na área urbana e nos 757 días nas parroquias do rural.

Esta situación está a provocar unha clara “paralización da economía” no municipio, xa que pese aos elevados atrasos na tramitación de licenzas, as que se aprobaron supuxeron un volume de negocio directo duns 30M€, polo que os populares preguntan en que situación económica podería estar Lugo “se a tramitación de licenzas se axilizase e se axustase aos prazos legais estipulados”.

Unha paralización da economía e ralentización na concesión de licenzas que se podería incrementar, xa que, segundo confirmaron diversos colectivos, dende a concellería de urbanismo “non se están a dar citas presenciais” aos interesados e os trámites realízanse de forma telefónica, polo que moitas dúbidas terán unha difícil solución, segundo explican os profesionais do sector, polo que urxe un reforzo do servizo.

Nestas xuntanzas, Ameijide explicou que se pedirá ao secretario municipal un informe sobre as novas funcións que a alcaldesa de Lugo asignou ao interventor en materia de urbanismo. “Queremos un pronunciamento técnico que clarifique se existen incompatibilidades coas novas atribucións que asumiu o interventor con respecto ás que ten como funcionario habilitado nacional”, afirmou.

Neste eido, os profesionais do sector plantexan as súas dúbidas sobre a resolución do 5% restante do PXOM, xa que ven de dubidosa legalidade que un mesmo funcionario coordine a evolución e logo se fiscalice a si mesmo o que pode provocar problemas de legalidade.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies