EconomíaUrbanismo

El PP asegura que si la alcaldesa quisiera, sería posible dar licencias urbanísticas en Lugo en el plazo de un mes

By 8 noviembre, 2021No Comments

El vicevoceiro popular propone una solución transitoria para desbloquear el colapso de las licencias que hay en el ayuntamiento de Lugo basada en el artículo 54 de la Ley de Simplificación Administrativa y que supondría “acortar el tiempo para tramitar permisos de obras en el municipio y en los supuestos que afecten de forma especial a iniciativas empresariales, la concesión de licencias sería de 15 días naturales”

O Partido Popular propónlle á alcaldesa de Lugo un compromiso para que o concello de Lugo resolva no prazo dun mes as licenzas de obras que se presenten “sempre e cando o proxecto veña  acompañado dunha certificación de conformidade á legalidade urbanística e ao planeamento aplicable, emitida por unha entidade de certificación de conformidade municipal”. Os populares explican que no rexistro da Consellería de Emprego e Industria figuran oito entidades autorizadas denominadas ECCOM que poderían facer este tipo de certificados.

Esta propostas do Grupo Popular xurde logo de comprobar a situación caótica do servizo de urbanismo co colapso das licenzas e se ampara no artigo 54 (Título IV) da Ley de Simplificación Administrativa e Apoio á Reactivación Económica de Galicia 9/2021publicada no DOG, do 26 de febreiro. (1)

O vicevoceiro popular explica que “aplicando esta nova normativa a tramitación de licenzas urbanísticas podería facerse no prazo de 30 días” engadindo que “en determinados supostos que afecten de forma especial a iniciativas empresariais, o prazo de concesión da licenza sería de 15 días naturais”. Ademáis os informes municipais pasarían de ser preceptivos a potestativos, axilizando máis o proceso.

Ameijide asegura que hai que dar solucións a un problema xa enquistado na administración local e “dado que da ordenanza prometida pola alcaldesa o pasado mes de maio non se sabe nada, queremos aportar esta alternativa que se podería aplicar de forma inmediata e de maneira transitoria”. O vicevoceiro popular insiste en que “o óptimo debería ser reforzar urbanismo pero á vista da parálise hai que dar solucións á veciñanza”.

Antonio Ameijide presentaba esta mañá esta proposta logo de que a alcaldesa “dese a calada por resposta á carta que lle enviou o Grupo Popular a semana pasada instándolle a que recibise a unha representación do PP para poder recibir información de cuestións urbanísticas que están atascadas”. O vicevoceiro lamentou que “a rexedora manteña unha postura tan radical e non queira escoitar as propostas útiles que lle presentamos para desatascar problemas urbanísticos enquistados dende hai anos”.

Por outra parte avanzou que o seu grupo proporá a incorporación de Lugo ao doing business “para reforzar o municipio como un lugar atractivo para o investimento” porque teme que “de non formar parte deste grupo quedaremos á marxe de moitos fondos do Next Generation”

O vicevoceiro do Grupo Popular explicou que “ao sumarse a esta plataforma o Concello de Lugo se tería que comprometer a ofrecer bonificacións no IBI (Imposto Bens Inmobles), no IAE (Imposto de Actividades Económicas) e no ICIO (Imposto sobre Construcciónes, Instalacións e Obras) ás empresas que se instalen no termo municipal a cambio dun compromiso de creación de emprego”. “Unhas rebaixas que van na liña das que PSOE e BNG veñen de rexeitarnos no último pleno”.

Lei Simplificación Administrativa.-

(1) O artigo 54 do Título IV no que se facilita aos concellos axilizar a emisión de licenzas di no primeiro punto que: “las solicitudes de licencia y las comunicaciones que tengan por objeto actos de edificación o de uso del suelo o del subsuelo, para la implantación de las iniciativas empresariales y para las actuaciones de desarrollo del suelo empresarial o residencial, podrán presentarse acompañadas de una certificación de conformidad a la legalidad urbanística y al planeamiento aplicable, emitida por una entidad de certificación de conformidad municipal”.

No segundo punto establécese que “cuando una solicitud de licencia urbanística se presente acompañada de una certificación de conformidad en los términos establecidos por este artículo, los informes técnicos y jurídicos municipales sobre la conformidad de la solicitud con la legalidad urbanística previstos por el artículo 143.2 de la Ley 2/2016, de 10 de febrero, del suelo de Galicia, serán facultativos y no preceptivos”.

Ameijide resumía que esto supón que “nas solicitudes de licenza que se presenten cun informe de ECCOM os informes municipais deixarán de ser preceptivos, é dicir terán un caracter voluntario e teñen a mesma validez, de feito, no caso de que os servizos municipais emitan un informe ademáis do da ECCOM éste non prevalece sobre o mesmo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies