Cultura

El PP comenzó hoy la campaña de firmas en la calle para que se abra el Auditorio de Magoi

By 28 enero, 2022No Comments

Los populares estuvieron en la Plaza Mayor informando e invitando al vecindario a sumarse la esta reinvindicación avanzando que “los apoyos que vamos a recoger supondrán reafirmar nuestra demanda de que los lucenses no quieren convivir con un lugar desatendido, cerrado y olvidado, senon que quieren que la cultura sea un mecanismo para conseguir un Lugo centrado en las personas”

O Partido Popular volveu hoxe a rúa a protagonizar unha nova acción para visibilizar o malestar que hai entre a cidadanía de Lugo para que se abra o novo Auditorio de Magoi. O voceiro popular Ramón Carballo explicou que “hai tres feitos obxectivos: temos un edificio punteiro no que se investiron 25 M€, temos unha dotación cultural  construída e equipada con dispositivos de última xeración e, en terceiro lugar, esta infraestructura é dende hai un ano e sete meses propiedade do Concello de Lugo”.

“Ata que non abran o auditorio seguiremos reivindicando a súa posta en funcionamento” manifestou Carballo quen subliñou que “o único que pretendemos con esta recollida de sinaturas presencial e virtual a través da plataforma change.org é conseguir que a alcaldesa deixe de botar balóns fóra e facerse a vítima para tapar a súa falta de xestión”. Os populares lembran que o PSOE e o BNG o 23 de xuño de 2019 asinaron a acta de recepción do edificio “se tan mal estaba non comprendemos os motivos polos que o recepcionaron”  engadindo que “o que non é de recibo é que, a estas alturas, non empezasen nin as obras que pregonan se necesitan para a súa posta en funcionamento”.

Carballo concluía que “a deixamento de funcións da alcaldesa de Lugo e do seu socio de goberno supón un desprezo para a cultura local, para os veciños do barrio e para toda a cidadanía en xeral”. “Dende logo que deste xeito non defende nin á industria cultural, nin aos artistas, nin aos músicos, nin aos actores …” subliñaba o voceiro do PP.

Pola súa banda, a Presidenta Provincial Elena Candia pediu ao bigoberno de Lugo “que abandone a actitude de confrontación coa Xunta” e explicou que “a situación do novo auditorio de Lugo é un dos exemplos da falta de xestión do bigoberno” asegurando que “estas firmas suporán reafirmar a nosa demanda de que os lucenses non queren convivir cun lugar desatendido, pechado e esquecido, senón que queren que a cultura sexa un mecanismo para conseguir un Lugo centrado nas persoas”.

Responder

quince − 1 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies