Economía

El PP apoya la movilización de 12M€ y exige a la alcaldesa “claridad en los criterios de reparto para evitar chiringuitos”

By 20 noviembre, 2020No Comments

Ramón Carballo: “si les tendemos a mano hoy y les damos un voto de confianza es porque creemos que esta inyección de dinero para captar empresas es necesaria para consolidar el empleo en Lugo, lástima que no se dieran cuenta hasta ahora de contar con una política industrial fuerte y de futuro, como llevamos pidiendo desde el PP desde hace años”

O Partido Popular avalou esta mañá no pleno a mobilización de 12M€ para atraer empresas ao municipio de Lugo. Durante a súa intervención Carballo esixiu claridade sobre  cales van ser os criterios de reparto dos 12 M€ e quen vai estar ao fronte desta xestión. Tamén pediu que “en aras á transparencia se incorpore no comité de investimento, que deberá fiscalizar o Fondo Capital Risco, a todos os grupos políticos da corporación para, deste xeito, poder facer un control exhaustivo do destino destes cartos.

O voceiro popular advertía que “o que non permitiremos é que esta estratexia sirva para montar un chiringuito que só beneficie aos seus amigos” e, nese senso,  indicou que “esperamos que haxa a máxima transparencia e rigor posible. O noso apoio non é un cheque en branco para facer o que lles peta. Queremos fiscalizar cando, onde, como e a que e a quen, se invisten os 12 M€ dos veciños e veciñas de Lugo”.

No seu turno de palabra o popular tamén recriminou aos socialistas que durante os últimos 20 anos “miraran para outro lado á hora de incentivar o investimento en Lugo, desbotando diferentes iniciativas de autoría popular para captar empresas”.

Carballo enumeraba como os sucesivos gobernos socialistas carecen dunha política industrial de futuro xa que “desaproveitaron oportunidades para vender a cidade como lugar para investir e crear emprego; desincentivaron a creación de empresas con fugas de empresas a outros polígonos  limítrofes e desanimaron aos emprendedores con trabas burocráticas e retrasos eternos á hora de conseguir licenzas de obras”.

O popular mesmo acusounos de non coidar o tecido industrial que hai, despreocupándose de aspectos  básicos como é o seu mantemento e sinalización, ou a incapacidade de xestionar o sistema de videovixilancia para garantir a seguridade e evitar roubos en naves.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies