InfraestructurasMedio Ambiente

El PP aplaude el respaldo de la Xunta a unir con pasarelas los parques de Rosalía, Marcos Cela y Miño

By 17 marzo, 2022No Comments

Los populares agradecen el apoyo del gobierno de Alberto Núñez Feijóo con proyectos de vanguardia en el ámbito ambiental y, en concreto, con el anuncio de que se inician los trámites para diseñar unas pasarelas accesibles con cuestas o ascensores que comunicarán el centro de Lugo con el río

O Grupo Popular agradece á Xunta de Galicia a súa sensibilidade por desenvolver en Lugo un proxecto de vangarda no ámbito do medio ambiente como é a unión dos parques de Rosalía, Marcos Cela e o Miño mediante pasarelas. Os populares lembran que esta obra é unha demanda do grupo municipal local que xa presentou ao pleno o pasado mes de xullo e no PSOE e BNG votaron en contra.

Os populares explican que “mentres que a alcaldesa e o seu vicealcalde rexeitaron facer esta obra, a Xunta de Galicia aprobou hoxe mesmo iniciar os trámites para desenvolver esta proposta que suporía unha conexión real, cómoda e segura entre a cidade e o río Miño”. “Estamos falando dunha intervención global na que crearíamos un corredor verde que comunicaría, con pasarelas accesibles con rampas ou ascensores, tres parques. Deste xeito quedaría conectado o casco histórico co Miño, de forma totalmente accesible e reducindo notablemente as pendentes o que facilitaría chegar a pé dende o centro da cidade ao Miño”.

Este proxecto encaixa dentro da proposta do Grupo Popular de Lugo de Barrios en Igualdade cuxo obxectivo é deseñar unha infraestructura verde urbana que interconecte espazos  trazando un corredor seguro que comunique a cidade co Miño.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide concluíu “se queremos unha cidade verde hai que camiñar cara a esa idea” sublimando que “agora que a Xunta anuncia un investimento nesta conexión entre o centro de Lugo co río sen necesidade de cruzar rúas, gañando en seguridade así como en accesibilidade, esperemos contar co apoio do goberno local”.

Responder

ocho + veinte =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies