Zona Rural

El PP alerta del progresivo deterioro de la escuela de Cabanas restaurada en 2009

By 13 de agosto de 2015febrero 2nd, 2016No Comments

El concejal popular Manuel López insta a Lara Méndez a que garantice la estabilidad del edificio, unas obras presupuestadas hace más de un año en 27.696 €, reclamando que “antes de finalizarlas se decida quién y para qué se van a utilizar”

O Grupo Municipal do Partido Popular alerta do progresivo deterioro que presenta a escola rural de Cabanas, na parroquia de Santa Comba.  O concelleiro Manuel López Fernández solicitou ao goberno local a reparación urxente deste inmoble propiedade municipal lembrando que existe unha partida de 27.696 €, aprobada o 30 de xuño de 2014 para realizar estes traballos”.

López conminiou á alcaldesa para que, de forma paralela ás obras, decida quen e que uso queren dar a  este edificio indicando que hai que ter en conta que “a parroquia  xa ten local social propio”.

A proposta do PP é “estudar a posibilidade de ceder estas instalacións á asociacións culturais, rurais, cinexéticas ou de pesca por un periodo e cunhas contraprestacións para o Concello de tipo educativo ou sociocultural”.

O edil popular destacou que “esta escola é outro dos patrimonios inacabados e enquistados que deixaron os socialistas aos veciños de Lugo”. López lamentou que, a estas alturas e logo de seis anos, “segamos pagando as consecuencias de decisións inexplicables como a que tiveron os socialistas de arranxar en 2009 este edificio sen ter en conta que xa había na parroquia un local social e que se arranxou con 250.000 € do Plan E e que tampouco tiñan previsto para que a ían utilizar”.

Manuel López lembrou que a rehabilitación da escola de cabanas e a de Labio se executaron ao abeiro dunha subvención concedida no ano 2009 pola Consellería de Traballo e Benestar, dependente da Xunta de Galicia, o que permitiu un  investimento de 485.080 euros.  Ningún dos inmobles se concluiu.

Deterioro progresivo

O deterioro desta escola de Cabanas en Santa Comba salta á vista: o edificio está sen portas e o seu único peche son unhas táboas e cun  candado; o inmoble tamén carece de servizos, a escaleira quedou a medio facer e  a  pintura xa escarchou. Outro problema que presenta é que podería deteriorar ainda máis o mal estado do edificio é a maleza que invade a parcela e que xa chega ata o 2º andar. Os populares tamén suxiren que se aseguren as árbores que hai nas súas inmediación “unha delas caeu e as outras dúas poderían correr a mesma sorte”, matizou López “se se desploman caerían riba da escola”.

Manuel López cre que sería moito máis productivo para os lucenses que a alcaldesa Lara Méndez  visite as obras que deixaron inacabadas os seus antecesores para ir pensando algunha solución xa que “deixar aparcado sine die o futuro de inmobles como esta escola rural empeorará o seu estado”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies