Transporte Urbano

El PP alerta del deterioro del mobiliario de las paradas de buses tras años sin mantenimiento

By 24 agosto, 2015febrero 2nd, 2016No Comments

Antonio Ameijide reclama al gobierno local la limpieza, reparación, reposición y colocación de nuevas marquesinas y postes informativos de las paradas de los autobuses urbanos y también solicita la edición del programa de mano “que hace casi 2 años que se agotó”

O concelleiro do Grupo Popular Antonio Ameijide solicita que mentres non se avanza no novo modelo de autobuses urbanos Ameijide se mellore a información das liñas. O concelleiro do PP propón que se traballe en tres eixos: que se arranxen os paneis dixitais e se cree unha aplicación de móvil; a limpeza, reparación e colocación de novos postes e  marquesinas e a impresión de programas de man xa que “hai anos que se esgotaron e non se fixo volveron editar porque segundo o goberno local non era rendible porque estaban finalizando o proceso para adjudicar a concesión dos autobuses”.

Impresión programas

O edil popular indicou que o goberno local leva anos dando largas á petición de levar a cabo unha edición impresa dos folletos informativos coa desculpa “de que estaban a punto de adxudicar o servizo”. “Pasaron dous anos desde esta resposta e seguimos sen ter servizo adxudicado, nin folletos de man”. Ameijide reflexionou “moitos miramentos para imprimir uns centos de folletos, sinxelos e de pouco custe cos itinerarios dos buses cando, por outro lado, hai centos de publicacións moito máis custosas e folletos de recente publicación apilados na planta baixa do concello”.

Postes informativos e marquesinas

Na práctica totalidade das unidades a información é mínima ou inexistente polo que é necesaria a reposición dos mapas informativos de frecuencia e itinerarios dos autobuses. “A información está borrada polo sol ou ben porque o cristal protector está rachado e entra a auga da chuvia”.

Tamén é necesario que se atendan as demandas veciñais que reclaman a colocación de novas unidades de marquesinas en puntos como As Gándaras (fronte á residencia da terceira idade). Este é un exemplo das moitas demandas de distintos barrios da cidade que o goberno local debería ter en conta” indicou o concelleiro do PP.

Paneis electrónicos e App

Dende o Partido Popular insistimos na necesidad de pór en marcha os 22 paneis informativos electrónicos (SAE Sistema de Axuda á Información) nos que se investiron 400.000 €.  O edil do PP lembrou que o goberno local comprometeuse, hai un ano, a reparar o sistema e “seguimos esperando”.

Ameijide indicou que “é unha tomadura de pelo que se monte un sistema, moi beneficioso para os usuarios, que non se está explotando xa que non hai quen se responsabilice del”. Os populares lembran que os paneis, que os socialistas inauguraron días antes das eleccións de 2011, só funcionaron uns días.

Os populares consideran que canta máis información máis competitivo será o transporte público polo que consideran preciso a creación dunha aplicación para mellorar a accesibilidade.

Mentres non se tomen medidas “a desinformación sobre horarios e frecuencias continua alonxando aos usuarios do transporte urbano. Máis que invitar aos veciños a utilizalo estase frenando a que se use como alternativa ao vehículo particular”, concluíu Ameijide.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies