Economía

El PP afirma que las ordenanzas fiscales del PSOE son injustas y propician desigualdades

By 14 noviembre, 2016No Comments

El portavoz del Partido Popular Jaime Castiñeira explicó que el pleno de hoy evidenció que “los socialistas gobiernan como si tuvieran mayoría y que por eso les tumban modificaciones de su proyecto de ordenanzas y, hasta en dos ocasiones, cambiaron los consensos por votos de calidad de la alcaldesa”.

O voceiro popular solicitou que a proposta de ordenanzas fiscais para 2017 quedase sobre a mesa xa que as ordenazas que presentan os socialistas “ademáis de desoir as consideracións dos informes técnicos, propician inxustizas tributarias e desigualdades”.

Castiñeira afirmou que o goberno de Lugo non pode escudarse en que “son novatos, xa que estamos preto do ecuador do mandato e o traballo que fixeron é decepcionante e non está á altura do Lugo que queremos: nin reduce a presión fiscal, nin fomenta a reactivación económica e por riba xera inseguridade xurídica”.

Dese xeito o Grupo Popular do Partido Popular xustificaba o seu rexeitamento a  12 das 23 modificacións das ordenanzas fiscais que hoxe se debateron no pleno. Os populares apoiaban  6 das propostas socialistas e se abstiñan en 5 delas.

Durante o debate, o voceiro dos populares tamén criticou o alegato de Lugonovo “queren acreditar o seu voto favorable ás ordenanzas cando foron eles os que puxeron ao fronte do concello á alcaldesa socialista” engadindo “pensaron que eran a solución aos problemas de Lugo e agora intentan xustificarse”.

O voceiro popular explicou que o seu grupo non podía apoiar “algunhas das modificacións das ordenanzas fiscais porque estaban  pensadas ao revés” e puxo como exemplo a que regula as licenzas de apertura de establecementos. Os populares defendían a exención desta taxa na primeira actividade que o emprendendor realice. Por iso Castiñeira tildou de “escandaloso” que “os socialistas impidan esta bonificación ás persoas que collan un traspaso ou que a ordenanza negue as segundas oportunidades”. Sin embargo, matizou, si terían dereito a esta bonificación  grandes superficies que se implanten por primeira vez no municipio e sen necesidade de pasar por pleno a declaración de interese municipal, ou tamén empresarios que abran negocios de actividades distintas “pudiendo beneficiarse de varias bonificacións”.

Os populares tamén criticaron “o inmovilismo do goberno socialista para mellorar as ordenanzas fiscais no tocante ao fomento das obras encamiñadas a mellorar o parque inmobiliario e puxeron como exemplo as taxas que se cobrarán por ocupación de  vía pública. Outro aspecto que afecta, de forma directa ao pago de diferentes tributos e prezos públicos, é a urxente revisión das categorías fiscais das vías públicas do municipio que se utiliza como referencia e que está totalmente desfasado. Castiñeira preguntou aos socialistas se consideraban xustiza social “pagar o mesmo por ocupar vía pública no Castiñeiro que na rúa da Bouza” e poñía de manifesto que “na Praza da Milagrosa se pagaría o dobre que en Augas Férreas”.

Castiñeira tamén acusou ao goberno socialista de descafeinar propostas de autoría do Partido Popular como a bonificación no Imposto de Construccións para o rural  “limitándoas a actividades ganderias, agrícolas ou forestais”. O popular lamentou o conformismo dos socialistas ao vincular esta bonificación só ao sector primario rexeitando incluír neste paquete aquelas construcións de natureza artesanal ou rehabilitacións para actividades turísticas, pequenos obradoiros ou equipamentos”.

Os populares critican que pese aos remanentes de tesourería o goberno local, un ano máis, rexeite a proposta do PP de rebaixar o 10% do IBI. Castiñeira acusonos de frenar “por capricho” a baixada dun dos impostos que máis repercute nas economías familiares. O voceiro popular tamén criticou que non se contemple a bonificación do 95% nas construccións e instalacións agrícolas e gandeiras. Os populares  tamén solicitaron  a exención de plusvalías de bens inmobles de natureza urbana cando se trate de vivendas habituais para o cónxuxe ou descendentes de primeiro grao.

O Grupo Popular non prestou o seu apoio a outras modificacións das ordenanzas ao rexeitar  o goberno incorporar melloras que se solicitaron como a de bonificar a rodaxe a vehículos clásicos ou a gratuidade das inhumacións no cemiterio municipal. Tamén criticaron que se neguen a implantar o plan de pago fácil co cal “se facilitaría e flexibilizaría o pago dos recibos ao fraccionalas en cuotas mensuais”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies