Zona Rural

El PP afirma que el gobierno local no fue capaz de explicar las actividades que desarrollan en el rural porque no existen

By 22 julio, 2021No Comments
Centro Dinamización rural

El concejal del Grupo Municipal del PP Manuel López exige al gobierno local que se reúna de inmediato con los vecinos de las parroquias para recabar propuestas y así confeccionar un programa de actividades para los lucenses que viven en el rural

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, critica a nula planificación do goberno local na zona rural, na que non ofertan actividades para os veciños das parroquias, o que demostra “unha ausencia total de traballo”.

Manuel López explica que semella que membros do goberno local realizaron unha xuntanza con veciños das parroquias, pero afirman que non se chegou a conclusión algunha, agás que non hai demanda. Unha situación ante a que o concelleiro popular lanza unha pregunta ao bigoberno: “como vai a haber demanda se o goberno local non oferta un programa de actividades para os veciños das parroquias?”.

Na actualidade o goberno local puxo en marcha as ‘aulas do verán’, algo que de momento so funciona o vai a funcionar en moi poucas parroquias, discriminando a todas as demais, nas que din “se fará esto mesmo no futuro ou algo semellante”. “Queda claro que non queren facer nada polos veciños das parroquias”, denuncia.

Unha falta de interese que queda patente “no nulo mantemento das escolas rurais”. Sinala Manuel López que as únicas obras que se fixeron son aquelas para as que concedeu fondos a Xunta de Galicia, nas escolas de Poutomillos e de Castro de Bóveda. “O único tanxible que se pode ver no rural é o que concedeu a Xunta de Galicia, por parte do Concello non hai nada”, lamenta.

Unha situación que se ve reflectida na ausencia de medios informáticos nestas escolas a disposición dos veciños. O concelleiro popular di que o Concello de Lugo tiña un inventario de todos os equipamentos informáticos instalados nas escolas rurais, pero que non está actualizado xa que hai equipos que non están, debido a diversos motivos, como que se cambiaron de localización ou que deixaron de funcionar. “Non saben o que teñen, nin onde os teñen nin sequera se algún funciona”, criticou.

A falta de medios é unha constante nas parroquias do rural, onde o goberno local debería de garantir a conexión vía wifi, xa que se inclúe no contrato que o Concello de Lugo ten asinado para a conexión das instalacións municipais á rede, pero que, como se pode comprobar non se está a cumprir porque nas 20 escolas rurais que hai nas parroquias non hai wifi, pese a que se paga por ter este servizo. “Demostran unha desorganización total, que todo o que xestionan se converte nalgo caótico e que non hai control ningún. Vemos como segue o despilfarro de diñeiro público”, lamentou.

Unha situación ante a que Manuel López se amosa claro e rotundo: “que se reúnan cos veciños das parroquias e lles ofrezan un programa de actividades de inmediato porque nun momento no que semella que hai unha tendencia da xente para volver ao rural, por tratarse dun entorno seguro, non é de recibo que dende o bipartito de Lugo se recurte este tipo de servicios xa que supoñen un valor engadido para os que viven nas parroquias e para os futuros veciños”.

Non se esquece Manuel López dos centros de dinamización e segue esixindo que, de xeito urxente, se saque un prego de licitación para que en setembro estén funcionando estes sete centros ubicados nas parroquias de San Xoán do Campo, Calde, Coeses, Saa, Santa María de Bóveda, Santa Comba e Rubiás.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies