El PP afirma que gracias a la presión ejercida el gobierno local reculó y comenzó a recalcular los recibos del agua con cobros excesivos a los lucenses

By 18 junio, 2021octubre 26th, 2021Consumo, Economía

El portavoz del Grupo Municipal del PP Ramón Carballo explica que tanto Méndez como Arroxo tuvieron que rectificar y aceptar la propuesta del Partido Popular, consistente en anular las tasas cobradas indebidamente y liquidarlas de nuevo repartiendo el consumo total del año entre los cuatro trimestres

A presión exercida dende o Grupo Municipal do Partido Popular o goberno local viuse na obriga de revisar todas as reclamacións dos recibos da auga por cobros excesivos e están a comunicar aos lucenses que devolvan os recibos que presentan cobros indebidos para poder realizar recalcular os consumos.

Ramón Carballo recorda que dende o Grupo Popular xa se levan varios meses axudando aos lucenses a realizar as reclamacións oportunas ante os cobros indebidos e pese a que algún concelleiro do goberno tentou desprestixiar esta axuda aos veciños cualificando de “oficina tenderete” o lugar no que se atendían as reclamacións, vemos como “non lles quedou outra que recuar” e tomar o camiño sinalado polo Grupo Popular: “recalcular os recibos para cobrar a auga ao prezo que corresponde”.

O popular recrimina que tanto o PSOE como o BNG tiveron tempo suficiente para reaccionar, pero non o fixeron ata que se acumularon demasiadas reclamacións ante “o atraco” que tentaban perpetrar aos lucenses. Destaca o popular que a maior parte das reclamacións que se presentaron ante a comisión de queixas e suxestións foron por cobros excesivos nos recibos da auga, chegando algún mes a ser o 91% das peticións sobre esta problemática de facturas sobredimensionadas, moitas delas ademais sen resposta e xa fóra de prazo para dar unha solución aos veciños.

Dende o PP xa se levaban varios meses advertindo de que se podería producir esta situación polo desmantelamento do servizo de augas por parte do PSOE o que provocou unha saturación do persoal, que se viu incapaz de abarcar o traballo e a lectura correcta dos contadores e que, posteriormente, derivou a nunha avalancha de reclamacións.

Top3 de concelleiros con máis queixas

Na comisión de queixas e suxestións de hoxe tamén se abordou o resumo das queixas presentadas durante o ano 2020, un informe que deixa datos moi reveladores, como que Lara Méndez, Rubén Arroxo e Álvaro Santos son os concelleiros que máis queixas reciben por parte dos lucenses.

  • Álvaro Santos: 52
  • Rubén Arroxo: 48
  • Lara Méndez: 34

Explica Carballo que queda claro cales son os concelleiros que máis problemas xeran aos lucenses e “lonxe darlles solucións vemos como o que fan é complicar aínda máis a vida á cidadanía”. Ademais, estes tres concelleiros son os que máis reclamacións deixaron sen contestar ao peche do ano, tendo Santos 11 sen respostar, Arroxo 10 e Méndez unha reclamación.

Leave a Reply

diecisiete + 13 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies