Infraestructuras

El PP afea que el PSOE minimice el problema de la presión de agua del Ceao cuando prometieron renovar la red

By 24 febrero, 2022No Comments

Para los populares es sangrante que luego del incendio devastador que hubo en el polígono se permitan el lujo de hablar por boca de los empresarios asegurando que “no existen quejas de industriales y que no es una zona en la que se produzcan averías en especial”

Para o PP resulta tamén sangrante que “minimicen os problemas que hai de presión de auga no polígono do Ceao” aclarando que iso é o que se desprende da resposta que nos deron á petición de que se renove a rede de auga. O PSOE zanxa o tema asegurando que “non existen queixas de industriais, que non é unha zona na que se produzan avarías” asegurando que se renovará de forma paulatina. Dende o PP nos preguntamos con cargo a que fondos xa que hai cero euros reservados para abastecemento para o ano 2022.

No transcurso do pleno, o PP retou hoxe ao PSOE e ao BNG a apoiar a manifestación contra a ocupación que terá lugar esta fin de semana no barrio do Sagrado Corazón. Dende o Grupo Popular celebran que “hoxe na súa intervención do pleno os socialistas recoñeceran, aínda que de forma tibia, que Lugo sufre a problemática da ocupación” lembrando “como ata o de agora miraban cara a outro lado e negaban a súa existencia”.

O PP pediu en reiteradas ocasións a creación dunha oficina municipal de asesoramento que ofrecese asistencia xurídica aos propietarios de vivendas ocupadas para efectuar desaloxos exprés nun máximo de 48 horas. De feito hai un acordo de 2018 na que o BNG apoiaba esta iniciativa.

Os populares tamén agradecen a postura adoptada por Rubén Arroxo para buscar unha solución aos problemas que os veciños de Castelo trasladaron ao Grupo Popular sobre o transporte urbano no barrio. Como xa denunciamos en numerosas ocasións, a liña 5, que comunica Castelo coa cidade, ten demasiadas paradas para contar cunha frecuencia dunha hora de paso, de aí que acumule atrasos constantes, chegando a perder, moitos días, unha volta completa.

Para os populares é fundamental mellorar esta liña, xa que os veciños de Castelo, como o resto de lucenses, teñen dereito a contar cun transporte urbano útil e que dea resposta ás necesidades de mobilidade que teñen.

Por último, o Partido Popular tamén votou no pleno que se celebrou hoxe a favor de cinco das 8 propostas de modificación das ordenanzas fiscais para o vindeiro 2022. Os populares lamentan que “cheguen tarde, mal e arrastro e que sexan continuistas e que non se aposte polo crecemento económico”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies