Economía

El PP advierte que por la falta de planificación peligran cerca de los 8M€ concedidos para ejecutar las obras del Urban

By 23 octubre, 2015enero 29th, 2016No Comments

El portavoz del Grupo Popular desvela que por el descontrol de los socialistas en la gestión de las ayudas europeas “tendremos que pagar con dinero de los lucenses actuaciones como la reforma de Quiroga Ballesteros, el paseo interior de la muralla y la finalización de la rehabilitación de la vieja cárcel”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular considera “un auténtico despropósito” a falla de concreción do goberno local en canto á situación dos proxectos financiados con fondos europeos do Urban. Os populares temen que “pola falla de planificación se poñan en risco parte dos 8 M€ concedidos polo Feder para realizar distintas obras no municipio”.

Jaime Castiñeira expresou a súa preocupación logo de que “na comisión informativa celebrada hoxe o goberno local fose incapaz de ofrecer datos concretos sobre a contía que se leva cobrado destes fondos, así como sobre canto está pendente de xustificar”. Para os populares é moi grave que a estas alturas do programa, cando quedan apenas dous meses para xustificar os fondos FEDER cos que se fan as obras, os socialistas non teñan claro nin o que se cobrou, nin o que está pendente por vir”.

Os populares denuncian que o  descontrol, na xestión destas axudas europeas, xa está a ter consecuencias que pagamos todos os lucenses. Nese senso Castiñeira desvelou que unha das obras orzamentadas para 2015 con 1.220.000€ cos fondos Feder  “por non facerse en tempo a teremos que custear con fondos municipais”. Castiñeira sospeita que a reforma da rúa Quiroga Ballesteros non sexa a única actuación que o Concello se vexa obrigado a asumir polos fallos de xestión no desenvolvemento do Plan Urban. O voceiro popular apuntou que outras intervencións que corren risco de perder financiamento son “o paseo interior da muralla e o remate da rehabilitación do vello cárcere”.

Outro caso sangrante é o da Plaza de abastos xa que a estas alturas  “se descoñece si dará tempo a certificar a obra antes do 30 de decembro”. Castiñeira indicou que de momento non se firmou o contrato polo que dificilmente se van poder certificar se non principiaron as obras”.

Os populares temen que a reiterada improvisación no Urban deixe ao Concello de Lugo sen opcións para solicitar outras axudas similares  “pola incapacidade do goberno local de xustificar as axudas concedidas ao ser incapaces de concluir as obras en tempo e forma”. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies