transparencia

El PP advierte que el uso partidista tan descarado de la web municipal atenta contra la democracia

By 29 octubre, 2015enero 29th, 2016No Comments

Los concejales populares abandonaron esta tarde el pleno, durante 10 minutos, hasta que la alcaldesa retiró la publicación de una noticia en la que culpabilizaba al PP y el resto de los grupos de la oposición de “echar a la calle a los trabajadores de la ORA”

O Grupo Municipal do Partido Popular advirte o uso partidista, interesado e tendencioso da web municipal. Jaime Castiñeira explicou que o seu grupo se viu obrigado a abandonar o pleno municipal tras ter coñecemento de que na plataforma dixital do Concello se publicaba unha nota na que se valoraba o debate do futuro da ORA “ofrecendo a visión do PSOE sobre o asunto, entrando en valoración que eran absolutamente falsas e que estaban fóra de lugar”.

Jaime Castiñeira afirma que o novo goberno socialista con actuacións coma estas “sobrepasa os límites do respeto institucional” poñendo en tea de xuizo a disculpa do goberno local na que indican que “colgaron por erro na páxina do concello unha valoración que ía dirixida a web do PSOE sobre o debate da ORA”

Jaime Castiñeira fixo estas declaracións logo de que se retomase a sesión tralas explicacións da alcaldesa e logo de que se retirase da web esta nova. “É do máis esperpéntico que nun debate, precisamente sobre a transparencia, ocurran feitos deste tipo” concluiu o voceiro dos populares.

Os populares aproveitando o debate aberto sobre a transparencia no portal municipal solicitou que se retiren outras novas, con mensaxes claramente partidistas, insertados nas últimas semanas.  Nese senso lembran que hai dous acordos plenarios impulsados polo PP dos anos 2004 e 2014 no que xa se advertía a necesidade de redactar unhas normas consensuadas, por todos os grupos políticos representados na corporación, a modo de código ético de uso desta plataforma institucional. “Deste xeito garantiríamos que un medio de comunicación institucional non se convertise nun instrumento en beneficio dun partido político”. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies