Deportes

El PP advierte que O Palomar corre el riesgo de perder la homologación de la Federación Gallega de Baloncesto para acoger partidos oficiales tras más de 40 años

By 24 septiembre, 2021No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Óscar Poy no entiende la obcecación del responsable municipal de Deportes, Mauricio Repetto, por seguir adelante con las obras a pesar de los diferentes avisos recibidos sobre la posible pérdida de la homologación por no cumplir con la normativa vigente

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy, advirte ao goberno local que a pista de baloncesto do pavillón de O Palomar podería perder a homologación por parte da Federación Galega de Baloncesto ao non cumprir cos estándares mínimos marcados polo ente federativo.

Óscar Poy sinala coma unha das eivas detectadas a distancia entre as liñas de fondo da pista e o muro do pavillón. A normativa da federación establece que “calquera obstáculo deberá estar polo menos a 1,25 metros do terreo de xogo na perpendicular das liñas de fondo e polo menos a 1 metro das liñas laterais”. Unha norma que contempla unha excepción, xa que “admitiranse obstáculos puntuais na liña de fondo e nos laterais ata 0,5 metros sempre que se atopen debidamente almofadados para previr posibles lesións de contacto”, pero que tampouco se cumpre.

A realidade é que tralo arranxo das pistas do Palomar, entre as liñas de fondo e a parede do pavillón hai 41 centímetros de separación, polo que de inicio xa non se cumpre a normativa, ao que se engade que ningún dos obstáculos conta con elementos de protección. Circunstancia ante a que Óscar Poy é claro: “haberá que agardar pola resolución da Federación Galega de Baloncesto pero está claro que a distancia non é suficiente, polo que moito nos tememos que non se concederá a homologación xa que é patente que hai un problema grave de seguridade para os rapaces e rapazas que realizan alí os seus adestramentos porque calquera tropezón pode desembocar en que os xogadores choquen violentamente contra o muro”.

Unha situación ante a que o concelleiro popular apunta directamente á obcecación de Mauricio Repetto por seguir adiante coas obras a pesar de que recibiu diferentes advertencias para que corrixira esa situación.

Agora, coa homologación pendendo dun fío, Óscar Poy reclama, como mínimo, que a concellería de deportes realice un repintado da pista e a modificación da instalación das canastras para adaptarse ás medidas da homologación, sen esquecer que non estaría de máis acolchar debidamente calquera elemento susceptible de ser perigoso.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies