Medio Ambiente

El PP acusa a Lugonovo y Ciudadanos de “criminalizar” a todos los dueños de perros

By 2 febrero, 2017No Comments

La concejala del PP Ana López Pombo afirma que “la demagogia y las ocurrencias” de Rocha y Expósito, con declaraciones “insensatas y sin ningún rigor”, “dejan desamparados y desprotegidos a los propietarios responsables de animales”

A concelleira do GMPP Ana López Pombo acusa a Lugonovo e Ciudadanos de “criminalizar a todos os donos de cans” e, paralelamente, de “desincentivar a adopción destes animais, por non falar de que poidan chegar a promover o seu abandono”, coas súas “peregrinas solucións” para combater a presenza de feces animais.

Nesa liña, a edil popular afonda en que “coas súas declaracións, o único que fan é manipular e transmitirlle á veciñanza a idea equivocada de que cómpre adoptar medidas grandilocuentes, cando o certo é que se a alcaldesa aplicase a lei este problema deixaría de existir, sen máis ocorrencias”. “Pero igual que Lugonovo e Ciudadanos foron os cómplices necesarios do PSOE para a creación do cargo político da Dirección Xeral de Persoal, parece que agora tamén queren ser cómplices de que as rúas de Lugo se atopen cada día máis sucias”, sinala López Pombo, ao tempo que lembra que a Lei 1/1993 de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en cautividade atribúe exclusivamente aos rexedores a responsabilidade superior na defensa e protección dos animais no ámbito dos seus municipios; e, máis concretamente, o seu artigo 20 l) preve sancións de entre 30 e 300 euros pola non recollida inmediata dos excrementos evacuados por un animal de compañía na vía pública. “Se en 2016 non houbo nin unha soa sanción por esta infracción foi simplemente porque a alcaldesa non quixo porque as competencias son exclusivamente súas e conta con ferramentas para facelo”, incidiu.

Así mesmo, López tacha de “demagoxia e ocorrencias” as declaracións “insensatas e sen ningún rigor” dos edís Fernández Rocha e Expósito, quen coas súas propostas “descabelladas” deixan “desamparados e desprotexidos aos propietarios responsables dos animais”.  Deste xeito, afirma que “o imposto que pretende crear Ciudadanos Lugo, por certo en contra da liña xeral deste partido a nivel nacional máis proclive a suprimir tributos que a crealos, persegue que paguen todos os propietarios, con independencia de que recollan ou non os excrementos”. “Nós somos partidarios de que se sancione aos incívicos, en lugar de poñer trabas á adopción e tenza de animais”, recalca López Pombo.

Respecto da iniciativa de Lugonovo, a edil popular aclara que “a competencia da ADN correspóndelle á Xunta de Galicia, polo que sería ilegal crear unha base de datos municipal”. “Iso por non falar de que previamente se precisaría unha ordenanza que obrigase aos propietarios a facilitar unha mostra biolóxica para ese banco”, subliña López, ao tempo que se pregunta “quen recollería estas mostras porque se a Policía Local nin sequera recibe ordes para vixiar as deposicións, parece que máis difícil sería que recollesen eles os excrementos”. “A non ser que o que se pretenda sexa favorecer o negocio dos laboratorios ou empresas nos que se analiza o ADN, dado que este trámite non se realiza nas clínicas veterinarias”, destaca esta edil.

Por último, Ana López Pombo pide a ambos os dous grupos políticos “que non se instalen nas declaracións baleiras de contido propias dos seus líderes nacionais”, con propostas deste calado “que ou son legalmente imposibles ou son un mero brinde ao sol”. “Agás que o obxectivo sexa o de criminalizar a todos os propietarios de cans, con independencia de que as súas condutas sexan cívicas ou non”, conclúe. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies