Servicios sociales

El PP acusa al bigoberno de Lugo de un descuido administrativo que provocó la orden de expulsión fuera del país de una persona

By 13 noviembre, 2019noviembre 14th, 2019No Comments

Los populares denuncian que la víctima de este abandono del bigoberno de Lugo perdió el permiso de residencia porque el informe de arraigo social que tenía que emitir el Ayuntamiento, en un plazo de tres meses, no se realizó.

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, desvela que, segundo unha reclamación cidadá, o Concello de Lugo podería ser o responsable da orde de expulsión dunha persoa do país, despois de que o bigoberno non emitira en prazo un informe de arraigo social (tiñan 3 meses para efectualo) que é preceptivo en todos os casos de solicitude de residencia, motivo polo cal rexeitaron a súa solicitude de residencia.

Ramón Carballo explica que os populares tiveron coñecemento deste caso a través da denuncia efectuada pola persoa afectada e cualificou esta situación “como un exemplo intolerable das consecuencias que ten a inacción neglixente das concelleiras encargadas da área de cohesión social chegando ao punto de permitir á expulsión dunha persoa fóra do país que solicitara, en tempo e forma, o informe municipal para regularizar a súa situación”. “Se estas son as políticas que segue un goberno que se autoproclama progresista, non queremos imaxinar como serán os seguintes anos”, afirmou.

O voceiro popular explicou o caso con detalle. O 24 de xullo deste ano a persoa afectada solicita o informe de inserción social, a través do Rexistro do Concello de Lugo, para xuntalo á solicitude de Residencia. O 6 de agosto, os servizos sociais solicitan a documentación precisa para completar a solicitude, que foi atendida e completada o 13 de agosto.

Pero non é ata mes e medio despois, o 30 de setembro, que ten lugar a entrevista entre a persoa solicitante e os servizos sociais, que se complementa cunha visita ao domicilio da persoa solicitante o 11 de outubro. O 23 de outubro (un día antes de cumprirse o prazo legalmente establecido para a emisión do informe) a oficina de estranxeiría pide á persoa solicitante do permiso de residencia o informe de arraigo social que ten que emitir o Concello de Lugo, outorgando un prazo de 10 días para completar este trámite. Xa no mesmo día de recibir ese requirimento, a persoa interesada tenta coñecer o estado no que se atopa o informe (realiza unha tentativa vía telefónica e outras dúas de xeito presencial no Uxío Novoneira) e non obtén resposta algunha.

Ante esta situación, o 29 de outubro comunica á oficina de estranxeiría que o Concello de Lugo aínda non emitiu o informe e que non obtén resposta algunha para coñecer en que situación se atopa a súa elaboración, situación que remata que en o 7 de novembro a oficina de estranxeiría en Lugo lle comunica que se denega o permiso de residencia solicitado por non xuntar o informe de arraigo social, que é o documento que acredita ter vínculos familiares con outros estranxeiros residentes, o que acredita a súa integración social.

Á vista dos feitos denunciados na Comisión de Suxestións os populares piden explicacións ao bigoberno para que aclare os motivos polos que non se fixo, en tempo e forma, o informe que se requería para regularizar a situación desta persoa e que non quedase sen papeis. “Somos conscientes de que faltan medios e que os Servizos Sociais están desbordaos pola cantidade de casos e a crecente burocracia, pero eso non é disculpa para esquecer trámites fundamentais como é a regularización dun permiso de residencia”.

Carballo achaca esta situación a unha falta de dirección política “non se prioriza un traballo que é urxente” insistindo en que “é imperdoable o sucedido” e esixiulle ao goberno que “se persoe ante a administración competente para tratar de revertir e dar solución a esta petición”.

Responder

17 + diez =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies