Economíatransparencia

El PP consigue la unanimidad del pleno para que se inicien con antelación suficiente los contratos que tienen una periodicidad anual

By 27 diciembre, 2018No Comments

El Grupo Popular consiguió la unanimidad del pleno para instar al Ayuntamiento de Lugo la que se inicien, con una anterioridad suficiente, la licitación de los contratos que tienen una periodicidad anual y que siempre se realizan en las mismas fechas.

Este ano incrementouse a partida orzamentaria para a iluminación de Nadal de forma importante, acadando a cifra de 140.000 euros, os pregos establecían que debería estar en funcionamento o 30 de novembro, pero a inauguración do alumeado de Nadal non se levou a cabo a ata o 14 de decembro. Este retraso no inicio do proceso de contratación resulta intolerable, xa que estamos a falar dun contrato que todos os anos ten que licitarse, polo que non estamos ante una situación extraordinaria, xa que as datas de Nadal son coñecidas.

Existen certos tipos de contratos nos que aínda resulta máis inxustificable esta falta de previsión e organización, como por exemplo a produción e gastos derivados das festas de San Froilán, Arde Lucus, así como outros contratos de obras, subministracións e servizos, que teñen unha periodicidade fixa cada ano, polo que parece sinxelo organizar adecuadamente os procedementos de licitación para se inicie a contratación cunha antelación suficiente, como podería ser de seis meses anteriores a data na que se precisa o contratado.

Os danos provocados ao comercio lucense por este retraso foron de gran importancia, de igual forma a imaxe da cidade resultou danada pola incompetencia dun equipo de goberno, que non soubo xestionar de forma adecuada todo o proceso de contratación, o que provocou que o seu resultado fora desastroso, algo que resulta incompatible cunha Administración eficiente.

A xestión dos diferentes procesos de contratación no Concello de Lugo, caracterízanse pola falta de dirección política, o que está a provocar que sexan numerosos os contratos que se atopan caducados ou como no caso da iluminación de Nadal non entre en funcionamento no prazo establecido nos pregos.

Por todo iso, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

Instar ao Concello de Lugo a que en procesos de contratación que teñan unha periodicidade fixa, como pode ser o alumeado de Nadal, se inicie o procedemento de contratación cunha antelación suficiente ao comezo das actividades ou necesidades.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies