Medio Ambiente

López: “si Lugo está lleno de excrementos caninos es por culpa del gobierno local”

By 13 diciembre, 2016No Comments

La concejala popular Ana López Pombo destaca que la Ley de Protección de Animales Domésticos y Salvajes en cautividad atribuye a los regidores “la responsabilidad superior en la defensa y protección de los animales en el ámbito de sus municipios”

A edil do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo Ana López Pombo afirma que “se a cidade de Lugo presenta nestas semanas a súa peor cara en canto á presenza de excrementos caninos en vía pública” é “sen dúbida” porque a alcaldesa se está a desentender das súas obrigas.

Nesa liña, a edil popular subliña que “se temos chegado a esta situación é porque o goberno local non fai cumprir a lei, vixiando e sancionando aos infractores”, unha cuestión que é “exclusivamente” de competencia municipal, como recolle o artigo 16 da Lei 1/1993 de 13 de abril de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade, que establece que compete ao alcalde a responsabilidade superior na defensa e protección dos animais no ámbito de cada municipio. Polo tanto, “dende o Partido Popular queremos que o goberno local bote man de todas cantas ferramentas ten ao seu alcance, incluídas as sancións, para frear un problema crecente derivado do incivismo dalgúns propietarios e que, en ningún caso, pode estenderse ao conxunto de donos de animais do municipio”, destaca López.

“Estamos acostumados a que boten balóns fóra e que culpen á Xunta de Galicia ou á Lei Montoro de todo canto pasa no Concello, pero é hora de que os socialistas asuman as súas responsabilidades”, apunta López, ao tempo que detalla que, “aínda que a ningún goberno lle guste multar”, esta lei 1/1993 contempla no seu artigo 20 l) sancións de entre 30 e 300 euros pola non recollida inmediata dos excrementos evacuados por un animal de compañía na vía pública, tipificados como infraccións leves”, contía que se incrementará coa nova lei, en fase de revisión pola asesoría xurídica.

Así mesmo, apunta que “está claro que tanto aos que non teñen mascota como aos que a temos e recollemos as súas feces nos gustaría que este goberno local deixase de estar mirando cara a outro lado” diante da proliferación “sen coto” na vía pública de feces animais, “fóra de lugares axeitados, mesmo nos canís”, como no das Estantigas, en cuxo cartel da entrada non se poden ler as indicacións a este respecto.

Por último, López asegura que “non podemos quedar só na punta do iceberg, que é a mala imaxe que esta situación está a provocar para lugueses e turistas senón que debemos ir ao fondo da cuestión, que radica nas situacións de insalubridade e de maltrato animal que se derivan dela”. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies