LimpezaUrbanismo

El PP pide que se aproveche la tregua meteorológica para limpiar las alcantarillas para evitar inundaciones

By 3 diciembre, 2019diciembre 5th, 2019No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Rafael Pérez insta a realizar a la mayor brevedad la limpieza de las alcantarillas ya que muchos están tupidos, lo que evidencia una ausencia de una limpieza periódica, lo que provoca la acumulación de tierra, colillas, plásticos o envases en su interior

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, insta ao bigoberno local a aproveitar a tregua que da esta semana a choiva para desenvolver un plan de limpeza dos sumidoiros da cidade, despois dos problemas que apareceron nas últimas semanas ao aparecer moitos deles tupidos, coa conseguinte imposibilidade de evacuar a auga.

Rafael Pérez subliña que no anterior mandato se aprobou en pleno un plan de mantemento e de reforzo da limpeza dos sumidoiros de Lugo, pero á vista dos feitos “nada se fixo neste senso” para evitar molestias aos cidadáns cando chove.

O concelleiro popular explica que “urxe” aproveitar a tregua meteorolóxica para desatascar estes elementos de drenaxe e así evitar futuras inundacións. Rafael Pérez realizou un chequeo e comprobou como hai varios sumidoiros tupidos en diferentes rúas da cidade, o que evidencia que non se realiza unha limpeza periódica, o que provoca a acumulación de terra, cabichas, plásticos ou envases no seu interior.

Este plan de limpeza dos sumidoiros debería incluír, tamén, o estudo dos elementos de drenaxe suxerindo que se analice a posibilidade de modificar o tamaño, forma, ou número de unidades xa que hai zonas nas que segundo a pendente que teñan os elementos existentes poden ser pequenos ou insuficientes.

No chequeo realizado do estado no que se atopan os sumidoiros da cidade detectaron que unha boa parte dos rexistros están tupidos, tal e como o demostran as imaxes dos situados en zonas que se inundan con frecuencia cando hai trombas de auga, como pode ser a rúa San Lorenzo, ou determinados puntos de Ramón Ferreiro, onde as follas tupen os sumidoiros.

Rafael Pérez denuncia que se chegou a esta situación pola falta de traballo do bigoberno municipal no que se refire ao aseo urbano, xa que nas últimas semanas foron moitos os lucenses que se queixaron da imaxe de moitas rúas de Lugo debido ás follas caídas das árbores e que non se limparon e que tupiron numerosos sumidoiros, ademais de xerar problemas aos cidadáns, xa que fan o chan moi esvaradío.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies