Transporte Urbano

Castiñeira pide que el Ayuntamiento financie el transporte urbano de los menores de 18 años

By 27 mayo, 2016No Comments

 Jaime Castiñeira propone que los autobuses urbanos de Lugo sean gratuitos para los 15.000 menores de 18 años del Ayuntamiento, “siguiendo el modelo emprendido por la Xunta de Galicia en el transporte metropolitano y el de otras ciudades como Ourense”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular Jaime Castiñeira pediulle esta mañá ao goberno local que o Concello de Lugo asuma o financiamento do transporte urbano dos menores de 18 anos no municipio.

Nesa liña, Castiñeira reclamou que os 15.000 menores de idade do municipio poidan usar os autobuses públicos “sen custe ningún”, medida que “non tería practicamente repercusión económica para as arcas locais, tendo en conta o reducido número de viaxeiros”. “Que preferimos? Pagar por que os nosos autobuses vaian baleiros ou pagar por que os nosos mozos os usen?”, preguntouse o voceiro popular, ao tempo que incidiu en que “o retorno que tería no eido da mobilidade e no ámbito medioambiental sería moi interesante, a curto, medio e longo prazo”.

Deste xeito, Jaime Castiñeira instou aos socialistas a “seguir non só a senda emprendida pola Xunta e aprobada no Consello do 12 de maio coa gratuídade do transporte metropolitano para os 200.000 mozos galegos, senón tamén a doutras cidades galegas como Ourense, que xa adoptaron decisións deste tipo”.

Así mesmo, o voceiro popular destacou que “iniciativas coma esta promoven a fidelización dos máis novos co transporte público, xa que estaríamos a xerar un hábito de futuro que, acompañado dunha reforma integral do servizo, se pode consolidar como unha rutina ao longo das súas vidas”, de maneira que “cunha decisión estratéxica a presente poidamos modelar unha mobilidade máis cómoda e sostible para os vindeiros anos”.

Por último, Jaime Castiñeira anunciou que trasladará esta proposta ao vindeiro pleno municipal do mes de xuño, nunha proposta de acordo que tamén incluirá a posta en marcha da comisión de mellora do transporte urbano aprobada, a iniciativa do PP, no pleno de febreiro deste ano, “e que a día de hoxe segue sen activar, incumprindo outro acordo plenario máis”. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies