transparencia

Carballo defiende el trabajo propositivo del Grupo Popular que, en 2022, presentó unas 300 iniciativas

By 30 diciembre, 2022No Comments

El popular lamentó que Méndez y Arroxo tumbasen el 63% de las propuestas del PP en pleno cuando eran iniciativas realistas que buscaban resolver problemáticas concretas del vecindario. Carballo detalló que nos últimos 12 meses el Grupo Popular registró 252 iniciativas: 126 preguntas y 62 ruegos a comisión; 37 proposiciones y 25 ruegos y 2 preguntas a pleno..

  • Os populares cren que a alcaldesa, por temor a que a cidadanía castigue a súa actitude de defensa dos intereses partidistas nas vindeiras eleccións municipais, mudou de estratexia e pasou de votar en contra de todo o que vén das bancadas do PP a apoiar, no último pleno, ás nosas proposicións. “Estamos marcando as liñas de goberno e se está visualizando que o bipartito PSOE-BNG é un modelo esgotado”
  • Carballo insistiu en que Lugo merece unha alcaldesa que traballe para resolver os problemas dos lucenses e non a unha persoa que só lle preocupa repetir o discurso feito a medida do PSOE para criticar á candidata do PP; criticando que Méndez sexa pouco reinvidicativa con Sánchez e a súa incansable actitude de confrontación coa Xunta.
  • O voceiro popular tamén recriminou que a alcaldesa só executase 2 dos 13 acordos que conseguiu que PSOE e BNG respaldasen en pleno lamentando “a falta de respecto institucional por parte dun goberno que se autoproclama progresista”. Ramón Carballo facía estas reflexións nunha rolda de prensa na que presentou o balanzo das iniciativas que defendeu no pleno e en comisións o Grupo Popular.

 

PROPOSICIÓNS REXEITADAS

  • As malas decisións do PSOE que nos custan cartos e desgustos aos lucenses. Votaron en contra de que a alcaldesa puxera por escrito o compromiso de que non haberá compensacións ao promotor do Garañón. Se hoxe temos que demoler as torres das costas do parque e gastar máis de medio millón de euros é porque un goberno socialista autorizou e deu a licenza a esta mole de ladrillo. O Partido Popular tamén levou neste 2022 a pleno outra iniciativa para que os políticos responsables do PSOE na xestión da Fábrica da luz pagasen do seu peto a indemnización á concesionaria de 2,5M€.
  • PSOE e BNG non planifican nin consensuan decisións estratéxicas para a cidade. Votan en contra de crear un foro permanente de traballo en materia urbanística para consensuar un Acordo Marco de Colaboración para axilizar trámites para obtención de licenzas, tratar cuestións relativas ao impulso da rehabilitación de vivendas, bases de actuación para zonas sensibles…”. Tamén é censurable o voto en contra de desbloquear el Plan Parcial do polígono de A Louzaneta para que regularizar as naves desta zona
  • PSOE e BNG non teñen unha visión global da cidade e traballan a golpe de improvisación construíndo unha cidade a parches. Non se explica o voto en contra de axilizar e dar pasos para buscar solares para construír a nova comisaría da Policía Nacional que o PP quere localizar no entorno da Residencia e o mesmo ocorre cunha iniciativa para que ofrezan terreos á entidade bancaria do antigo colexio do Sagrado Corazón. Tamén negáronse a estudar a proposta para a humanización dun novo tramo da N-VI entre a Avenida de Madrid co ánimo de darlle un tratamento de vía urbana
  • Falta de sensibilidade en temas sociais: PSOE e BNG rexeitan facer un estudo para mellorar a accesibilidade das zonas verdes para garantir que as persoas con discapacidade ou mobilidade reducida poidan disfrutar da riqueza delas, négase a poñer en marcha un paquete de accións de apoio aos celíacos, votan en contra de ter un maior compromiso cos sen teito ou seguen negando adherirse ao VioGén con escusas sen sentido.
  • Os concelleiros populares tamén lamentan o maltrato do goberno local en cuestións relativas á cultura: votan en contra de impulsar á Banda de Música Municipal e non clarexaran cales son os plans de futuro deste goberno para unha agrupación que foi un orgullo cultural singular para todos os lucenses ou a negativa a poñer en marcha unha axenda cultural única para dar difusión a actividade cultural de Lugo
  • Temos a unha alcaldesa moi esixente coa Xunta e pouco reivindicativa con Sánchez. Exemplo: dan as costas aos lucenses ao negarse a esixir o remate da autovía que une Lugo con Santiago e lembran como Lara Méndez e Rubén Arroxo evitaron defender ao sector agrogandeiro galego e pedir o cesamento de Alberto Garzón polo seu ataque ao sectorcárnico.
  • O Partido Popular lamenta que PSOE e BNG votasen en contra de facer un estudo para determinar as zonas brancas de fibra óptica na zona rural de Lugo co ánimo de ampliar o Plan de despliegue de fibra óptica do Ministerio”. O voceiro do PP Ramón Carballo critica que socialistas e nacionalistas se escuden en que “sería un traballo moi complexo xa que habería que ir casa a casa para revisar as zonas que quedan excluídas deste servizo”.

 

PROPOSTAS QUE RESPALDARON

  • Os populares explican que das 14 iniciativas aprobadas en pleno a petición do PP só se fixo efectiva dúas delas: unha depende da Xunta de Galicia: trátase da implantación en Lugo dun ciclo de guía, información e asistencia turística e a segunda é a da constitución da comisión consultiva de mercados.
  • Quedan pendentes de solucionar instar ao Goberno de Pedro Sánchez a retirar o mapa concesional do transporte e realizar unha nova proposta; o mantemento da ponte branca; ou dar o nome do político español asasinado por ETA hai 25 anos a unha rúa da cidade para transmitir a súa memoria e recordar a figura de Miguel Ángel Blanco. O PP forzou o apoio para que o concello posicione a Lugo como sede da Axencia Estatal de Saúde Pública e para presionar para que o vicerrectorado non pechase o edificio que ten no centro de Lugo ou ben a que onte se aprobou para incrementar a presenza policial nos diferentes barrios de Lugo, eliminar os tapóns urbanísticos e mellorar a conectividade dos polígonos coa A-6.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies