EconomíaInfraestructurasMedio AmbienteObrastransparenciaZona Rural

Carballo acusa a Méndez de distorsionar la realidad y le replica que “Feijóo impulsó y desbloqueó los grandes proyectos de Lugo”

By 3 mayo, 2022No Comments

El portavoz popular interpreta las declaraciones de la alcaldesa como una prueba de que está fuera de juego y nerviosa porque las inversiones que está promoviendo están programados para potenciar su imagen personal sin pensar en la utilidad para los lucenses de los proyectos que abandera como el carril bici o el edificio Impulso Verde

Tralas afirmacións da alcaldesa nas que cualifica de ruinosa para Lugo a xestión de Alberto Núñez Feijóo, Ramón Carballo recomenda a Méndez “pasas para a memoria” para que recorde os investimentos do que foi ata hai uns días presidente da Xunta de Galicia.

O voceiro popular lémbralle á alcaldesa de Lugo que no mes de setembro ela mesma acompañou a Feijóo na inauguración do novo Colexio do Sagrado Corazón “unha infraestrutura modelo e pioneira do plan de arquitectura pedagóxica de Galicia”. Na súa construcción investíronse  de 4,6 millóns de euros. “Tamén investíronse miles de euros na ampliación do CIF e no CEIP de As Mercedes, así como noutros centros educativos da cidade” indicou Carballo.

O popular explicou que outra gran infraestructura que leva o selo do PP é o Auditorio de Magoi que Lara Méndez recibiu hai dous anos con informes favorables dos técnicos municipais. “Os veciños non entenden como a alcaldesa se pode queixar de que non lle fan infraestructuras cando ten abandonada unha dotación cultural, na que se investiron 25M€”.

A revitalización do barrio da residencia cos proxectos do Centro Integral de Saúde no que se investirán 30M€. Tamén lembrou como foi o presidente da Xunta o que conseguiu para Lugo o financiamento da Fundación Amancio Ortega para construír unha nova gardería infantil en Paulo Fabio, así como a nova residencia de maiores no barrio da Residencia.

Carballo tamén indicou que con Nçuñez Feijóo presupostáronse partidas millonarias para o ámbito da Sanidade, tanto para a modernización como para a creación de novas especialidades no HULA, e tamén destacou que Lugo fose a cidade elixida para abrir o Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

En canto ao solo industrial, Carballo destacou o impulso do polígono industrial de As Gándaras, que xa vai pola terceira ampliación, aclarando que “a Xunta fixo un esforzo inversor moi importante para dotar de terreos que ofertar a inversores”.

Carballo pediu a Méndez que recupere a perspectiva da realidade e que en vez de atacar a quen traballa por Lugo se brinde a colaborar. O popular explicou que nos últimos anos a administración local dirixida por gobernos socialistas puxo trabas continuas aos proxectos que intentaba desenvolver a Xunta. Un último exemplo témolo co futuro centro de saúde do Sagrado Corazón que a propia rexedora pon en risco de execución “ao pasar medio ano sen responder á petición que a Xunta realizou solicitando unha parcela para construír esta dotación”.

“Se en vez de xogar a ser unha víctima e negar a evidencia se brindasen a colaborar coa Xunta, Lugo avanzaría a outro ritmo” afeando que Lara Méndez “opte pola vía dos ataques para ocultar a súa falta de xestión” matizando que “a rexedora prefire presumir da alfombra vermella do seu carril bici, o malgasto en proxectos de dubidosa utilidade como o edificio Impulso Verde ou gastar 10.000 euros en cada un dos hortos da súa contorna”.

Responder

5 − uno =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies