- Na reunión de traballo que tivo lugar esta mañá co Sindicato Unificado da Policía Nacional ofreceron o seu apoio a esta idea e compartiron a filosofía do PP de que “para garantir a seguridade e prestar un mellor servizo á cidadanía, ademáis de ter efectivos suficientes, é fundamental contar con infraestruturas axeitadas”
- Os representantes sindicaiss agradeceron que o PP dera resposta a un compromiso adquirido o día da concentración, celebrada o pasado 11 de Maio, na que reivindicaban unha Comisaría do século XXI onde acordaron coa candidata do PP buscar un emprazamento para mellorar as condicións da Comisaría actual.
LUNS 30 DE NOVEMBRO 2023.-
- A voceira popular enumeraba as razóns polas que consideran que a ubicación desta infraestrutura, nun edificio situados a 50 metros do que hai na rúa Chantada é a óptima:“é unha proposta máis sostible que a de construír unha nova edificación, cumprimos a palabra dada de que esta dotación quede na contorna do barrio da Residencia e, por último, permite rescatar os fondos consignados para investir en melloras da actual comisaría da rúa Chantada”
CESIÓN DE 2 ANDARES AO ESTADO
- Os populares explicaron que “para que se poida transformar o edificio enteiro na nova comisaría da Policía Nacional habería que chegar a acordos e implicar tanto á administración autonómica como ao goberno central” asegurando que fará todo o que estea na súa man para impulsar esta proposta xa que “creo na política últil que trascende aos plantexamentos partidistas”
- Por un lado sería preciso que a Xunta cedese ao Estado dous pisos do edificio de Obras Públicas da Ronda da Muralla e que son da súa propiedade (o 4º e o 5º andar cunha superficie de 160 e 546,67m2 respectivamente) e que dende hai anos están baleiros e sen previsión de uso.
- Pola súa banda o goberno central tería que trasladar as oficinas da Confederación Hidrográfica, Costas e Obras Públicas ao edificio onde hoxe está a Comisaría da Policía Nacional na rúa Chantada.