Sen categoría

Elena Candia: “a apertura dunha rampa no Miño non é o espazo de baño que merecen os lucenses”

By 6 Setembro, 2024Sin comentarios

MERCORES 4 DE SETEMBRO DE 2024

 

  • Como en tantos asuntos importantes a cronoloxía da creación da praia fluvial de Lugo obriga a contextualizar a eterna tramitación desta intervención demostrando, unha vez máis, que “para o goberno local non é un proxecto prioritario”

 

  • Estamos a falar dun compromiso que se fixo público hai 14 anos e dende aquela “houbo proxectos fallidos; retrasos inxustificados; investimentos perdidos; a renuncia por parte do goberno local de facer a praia na zona dos Robles tal e como se documenta no escrito da CHMS de 2016, onde a Deputación gobernada por PSOE y BNG, desistiu do proxecto e non presentou documentación requerida; iso sen contar co informe demoledor pola ubicación actual de entidades tan representativas como a Unesco … e neste caso cun resultado final que A CIDADANÍA PERCIBE COMO RIDÍCULO E ESPERPÉNTICO”

 

  • A voceira popular comparte esta valoración que lle fixeron chegar de formar reiterada onte á veciñanza asegurando que “a rampa que se inaugurou onte non merece a categoría de espazo de baño público e supón un insulto á intelixencia” matizando a preocupación polas condicións de seguridade e accesibilidade que presenta.

 

  • Tamén lamentou que “os esforzos do PSOE e do BNG, durante este tempo, fosen atacar á Xunta en vez de traer cartos, ou facer un bo proxecto para habilitar unha zona de baño público da que os lucenses nos poidamos sentir orgullosos”.

 

LUGO QUEDA ATRÁS

 

  • A voceira popular Elena Candia aproveitou a comparecencia diante dos medios para amosar imaxes de varias praias fluviais de concellos da contorna, gobernandos por diferentes partidos políticos de diferentes cores, como proba de que “si é posible facer unha zona de baño pública con moitos menos medios e recursos cos que ten o concello de Lugo

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies