InfraestruturasMedio AmbienteParques infantís

O PP pide a renovación do pavimento de caucho do parque da praza de San Xoan e unha revisión completa do entorno

By 5 Maio, 2021Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Rafael Pérez asegura que son varios os veciños que se queixaron polo estado no que se atopa este parque infantil, no que o pavimento de caucho, que tería que ser continuo, presenta fendas de varios centímetros de profundidade que poñen en risco a seguridade dos rapaces

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, denunciou a mala situación na que se atopa o parque infantil da Praza de San Xoan, unha zona que conta con numerosas queixas por parte dos veciños ante o lamentable estado que deixa a zona de xogo infantil, a pista deportiva e a zona de aparatos biosaúdables.

Rafael Pérez amosouse preocupado polas grandes fendas de varios centímetros de profundidade que se ven no pavimento de caucho, o que pon en risco a seguridade dos rapaces xa que se poden tropezar con facilidade. “Non entendemos como un material cuxa función é protexer aos pequenos se converte non principal elemento que afecta a súa seguridade xa que as fendas poden provocar tropezóns ou torceduras”, sinalou.

Para o edil popular o goberno local tería que tomarse en serio este tipo de situación e decidirse a acometer a renovación do pavimento de caucho deste parque infantil, e de todos aqueles que presenten deficiencias, xa que queda claro que os parches non serven para nada bo, “máis ben todo o contrario”.

Na zona de xogos da praza de San Xoan tamén sería preciso renovar todo o enreixado da pista deportiva, xa que está roto e os arames soltos poderían provocar todo tipo de feridas aos usuarios da pista nun descoido.

Durante a revisión realizada nesta zona, Rafael Pérez tamén constatou como sería preciso unha limpeza integral da zona, xa que hai moitas partes con bastante vexetación e verdín, ademais de ser convinte revisar o valado da zona de xogos infantil xa que semella estar bastante deteriorado polo paso do tempo, o uso e ata o vandalismo, o que provoca un risco para os usuarios.

Responder

15 − three =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies