Economía

Castiñeira: “temos un goberno plano que nos nega aos lugueses o que merecemos”

By 27 Outubro, 2016Sin comentarios

 Jaime Castiñeira asegura que “cando o PSOE presume de amortización de débeda o que está a facer é vanaglorariarse de seguir castigando a veciños de máis de 40 parroquias sen saneamento e a veciños das Gándaras sen rede de augas”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, afirmou no pleno municipal desta mañá que “estamos diante dun goberno plano que nos nega aos lugueses o que nos merecemos”. Nesa liña, asegurou que os socialistas “non teñen nin a máis mínima planificación nin miran para diante, só miran para os pés e nin sequera ven os charcos”.

Durante a súa intervención no debate conxunto de amortización da débeda e do recoñecemento extraxudicial de crédito 4/2016, o popular subliñou que “se o Concello non pode invertir os remanentes de tesourería e está obrigado a amortizar a débeda non é pola lei Montoro, senón polo seu incumprimento sistemático dos prazos de pago a provedores”, que “non só xera o problema de liquidez neles senón que nos impiden acometer algúns dos investimentos que tan necesarios son para o municipio”. Así, Castiñeira puntualizou que, ao contrario do que expoñía a edil de Economía, a disposición adicional sexta da Lei Orgánica 9/2013 si contempla a opción de destinar os remanentes de tesourería a investimentos financeiramente sostibles no tempo. “E o mellor exemplo de que é posible e viable témola no acordo ao que chegamos o PP e o PSOE de López Orozco en xuño de 2014 para investir remanentes de tesourería dos exercicios anteriores”, aseverou.

Deste xeito, Castiñeira apuntou que “cando o PSOE presume de amortización de débeda o que está a facer é vanaglorariarse de non investir máis de seis millóns de euros no municipio; ou, o que é o mesmo, de seguir castigando a veciños de máis de 40 parroquias sen saneamento, de continuar privando a veciños das Gándaras sen rede de augas ou de preservar unha rede de tuberías de fibrocemento, cos riscos que iso implica, na maioría da cidade”.

Así mesmo, o voceiro popular indicou que “todos entendemos que ao mellor compensaba máis invertir e ter dispoñibilidade orzamentaria que amortizar débeda e, en consecuencia, non ter capacidade de endebedamento futura polas disposicións legais hoxe vixentes que establecen a imposibilidade de solicitar un crédito por un importe maior da contía da débeda que está previsto amortizar”. “Que imos facer se xorde un proxecto interesante no que precisemos de financiamento propio se non temos remanentes nin legalmente nos podemos endebedar?”, preguntouse.

Por último, Jaime Castiñeira asegurou que “se o PSOE pode hoxe presumir de remanentes de tesourería é porque houbo grupos políticos cómplices que lle permitiron sacar adiante uns orzamentos que se sabía que eran imposibles de executar”. “E a mellor proba son os 75.000 euros previstos para mobiliario nunha biblioteca da Piringalla que dende hai un lustro non é máis que un esqueleto”, destacou.  

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies