ConsumoCulturaOutros

Castiñeira renuncia a súa acta como concelleiro para centrarse na súa actividade política no Parlamento

By 9 Xuño, 2017Sin comentarios

O popular, que comunicou esta mañá a súa decisión á alcaldesa, explicou nunha comparecencia diante dos medios  que “a renuncia se fará  efectiva no pleno ordinario do 29 de xuño”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira Broz, comunicou hoxe á alcaldesa a súa renuncia a acta como concelleiro do PP. O abandono da actividade política municipal de Castiñeira Broz farase efectivo no pleno ordinario que se celebrará o próximo día 29 de xuño.

O popular, que ocupou a portavocía do Grupo Municipal no Concello de Lugo dende o ano 2010, informou da súa decisión nunha rolda de prensa, que se celebrou no local do Grupo Popular,  e onde estivo acompañado por compañeiros da agrupación aos que “agradeceu os anos de traballo e o esforzo realizado”. Castiñeira tamén tivo palabras de eloxio para o resto da corporación e expresou a súa gratitude aos empregados municipais “pola colaboración prestada e pola súa paciencia e comprensión”. O popular tamén pediu disculpas “por si nalgún momento, algunha decisión ou intervención súa, ofendeu a alguén”.

Castiñeira despediuse desta etapa na política local destacando a súa importancia “pola súa cercanía, por ser onde se forma a canteira dos futuros políticos”. “É máis duro do que parece porque tocamos temas que tocan de forma directa ás familias” explicou. Por último tamén quixo agradecer ao Partido Popular “a confianza que depositaron na súa persoa para encabezar, nas dúas últimas convocatorias das eleccións municipais, a lista do PP en Lugo”.

Jaime Castiñeira comprometeuse “a seguir traballando por Lugo, pola miña cidade como deputado no  Parlamento de Galicia” onde é voceiro de Vivenda e Urbanismo, ademáis de Presidente da Comisión Segunda de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos. “Intentei defender o mellor que souben os intereses dos lucenses, fíxenno dende o minuto un que entrei no Concello de Lugo elixido como concelleiro, e o seguirei facendo alí onde esté”. “Para min foi toda unha honra ter colaborado, xunto con todos os lucenses, en facer un Lugo cada día un pouco mellor”.

Por último, o popular fixo un chamamento ao consenso e “animando á corporación a traballar por un Lugo mellor e non dubidar en unirse en aquelas cuestións que sexan de interese para todos os lucenses”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies