Economía

Castiñeira critica que os socialistas eludan concretar cando farán o desconto nos recibos da folga de lixo

By 24 Setembro, 2015Xaneiro 12th, 2016Sin comentarios

O voceiro dos populares lamenta “a torpeza e falla de compromiso dos socialistas” que foi o único Grupo Político que se abstivo na proposta do PP para rebaixar, no próximo recibo de lixo, a parte proporcional dos 59 días que durou a folga”

O voceiro do Grupo Popular lamenta “a torpeza política, a desconsideración e o escepticismo” que demostra o novo goberno socialista que “eludiu concretar cando levará a cabo a rebaixa dos recibos de lixo comprometida hai 15 meses”. Na proposición que se aprobou no pleno, malia a abstención dos concelleiros socialistas, se pedía que no vindeiro recibo que emitise o concello se levase a cabo a rebaixa proporcional aos 59 días que durou a folga.

Castiñeira reflexiounou “é unha mágoa que segan dando largas” lembrando que a proposición era un recordatorio da inciativa que se presentou o 30 de xuño de 2014 e que se aprobou de forma unánime. O voceiro popular rexeitou a engádega que presentaron os socialistas por entender que “sería como apoiar que fagan algo sine die, sen prazo”. “Nós non pedimos imposibles o único que queremos é que establezan prioridades e que dean cumprimento aos acordos de pleno”.  Castiñeira ironizou contrapoñendo a celeridade na xestión do Garañón “uns trámites que se completaron, malia a complexidade do Peri, en tres meses e medio e os 15 meses que pasaron dende que se acordou o desconto dos recibos de lixo pola folga do verán pasado”.

Castiñeira cre que a actitude do novo goberno de  “seguir dando largas e sen concretar prazos” repercute de forma moi negativa na imaxe da institución municipal e reclama un cambio de postura dos de Lara Méndez

O Grupo Popular tamén conseguiu o apoio dos grupos da oposición para que “dende o un de decembro se leve a cabo de forma provisonal  ese servizo por persoal propio do Concello, unha vez que remate o contrato. Castiñera afirmou que o seu grupo é partidario de non dar nin un só día de prórroga á actual empresa adxudicataria.

As outras dúas iniciativas do PP relativas ao acondicionamento da rúa do Agro do Granxeiro así como a necesidade de promover accións para impulsar o uso da bicicleta conseguiron o apoio unánime de toda a  corporación.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies