Zona ORA

Castiñeira: “a votación da ORA reflicte a soidade e a desesperación do goberno”

By 29 Outubro, 2015Xaneiro 13th, 2016Sin comentarios

O voceiro popular Jaime Castiñeira asegura que no pleno de hoxe quedou “patente” o “naufraxio do goberno”, do que se escapan “tanto os propios concelleiros socialistas como algún dos partidos que no seu día auparon ao PSOE á alcaldía”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, afirma que “as votacións da ORA no pleno de hoxe reflicten a soidade e a desesperación dun goberno minoritario e en clara desbandada”.

Nesa liña, o popular considera que “no pleno deste xoves volveu quedar patente, quizais de xeito máis nítido ca nunca, o naufraxio dos socialistas”, do que “se están escapando non só outros dous concelleiros senón tamén que están renegando parte das forzas que auparon ao goberno ao PSOE”. “O problema non é que o goberno leve perdido tres concelleiros en catro meses, senón que o problema é todo o que perdemos os lucenses por ter un goberno en franca descomposición e que está á deriva e nunha caída libre en picado”, apunta Castiñeira, quen tamén destacou na súa intervención en pleno que “nin sequera fai falta que haxa ningunha estratexia de acoso e derribo, como cre que existe o voceiro socialista, senón que o propio PSOE xa se derriba só porque parece que un dos que o apuntalaron (en referencia ao BNG) sacáronlle o puntal e os outros (a respecto de LugoNovo) non se sabe se soben ou se baixan).

Así mesmo, para os populares “o pleno de hoxe tamén serviu para confirmar que o novo goberno continuará ao milímetro o furor privatizador emprendido nos 16 anos de gobernos de López Orozco, nos que se multiplicaron por catro os servizos que se deixaron en mans de empresas privadas sen preocuparse por saber se esta fórmula era máis cara ou reportaba algunha vantaxe”. Nese senso, Castiñeira subliña que “non podemos entender a postura de empecinamento dos socialistas porque ou algo lle deben a alguén ou é absurdo que se empeñen en manter, tal cal está, a ORA en mans dunha empresa privada”. Así, critica que “o goberno sexa incapaz de aproveitar o elevado grao de coincidencia que hai entre todos os grupos da oposición para iniciar un cambio claro de modelo de cidade cara a un Lugo máis humano e máis pensado para as persoas, que é unha decisión claramente política para acadar un Lugo mellor”.

Equipamento da ORA e dobre traballo.-

Polo demais, o voceiro popular no seu discurso avogou por recuperar para o Concello “o que é noso”, en alusión ás máquinas e equipos da anterior concesionaria da ORA, “que xa levan uns 680.000 euros deste equipamento amortizado”, polo que instou aos socialistas a “defender o que é de todos os lucenses”.

Por último, criticou que “o que pretendía coa súa proposición o goberno era duplicar os traballos, obrigando a traballar sobre catro ordenanzas en lugar de dúas”, porque “o único obxectivo parece que era que seguise pasando o tempo coa ORA en mans de Vendex”. “Primeiro fíxoo Orozco, cando estivo dende maio de 2011 sen tomar ningunha medida e agora o novo goberno tamén quería seguir blindando a esta empresa”, concluíu, dado que “esta firma privada, no centro da Operación Pokemon, xogaría con vantaxe nunha hipotética nova licitación”. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies