Carballo pide á alcaldesa que no se banalice o botellón e que poñan en marcha un Plan Antibotellón

By 11 Setembro, 2021Seguridade

O voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo trasladoulle esta mañá á alcaldesa a súa preocupación pola mala imaxe que deu Lugo estes días como consecuencia do brutal botellón que tivo lugar no entorno da Catedral e en varias rúas do casco histórico. “O goberno local non debería trivializar este problema” engadindo como dende o Grupo Popular presentamos en xullo un plan antibotellón para frenar este tipo de concentracións.

As liñas de acción do Plan Antibotellón que o Grupo Municipal presentou, no mes de xullo, aos hostaleiros da zona centro apunta en catro direccións:

A primeira a de “conseguir unha coordinación exquisita das forzas e corpos de seguridade de diferentes administracións e, por iso, se solicitou a convocatoria da xunta local de seguridade” lamentando que “ata o momento, a alcaldesa dera a calada por resposta”.

A segunda acción sería a de instalar  cámaras de videovixilancia na zona centro de Lugo así como noutros puntos onde se estime oportuno como sería o caso do entorno do adro da Catedral convertido no punto cero dos botellóns. “Hai que maximizar a prevención, mellorar a seguridade das persoas e minimizar as consecuencias das agresións ao patrimonio”.  Cun sistema de videovixilancia, se proporcionaría máis seguridade ao entorno do recinto amurallado e isto tamén beneficiaría ao pequeño comercio  creando un entorno seguro”.

A terceira medida é unha vella demanda do Partido Popular e trátase de redactar unha normativa que regule, entre outras cuestións, o botellón. A xuicio do voceiro do PP “a ordenanza de convivencia debe ser un documento razonable e consensuado cos grupos políticos e coa sociedade”. “O que non é de recibo é que a alcaldesa, que respaldou impulsar este documento, agora, esté atada ao ultimátum que lle deu o BNG baixo a ameaza de non apoiala políticamente. “Vende a seguridade dos cidadáns e o seu benestar por un puñado de votos”

Por último, insistiu en que é preciso que haxa dispositivos de limpeza axeitados para evitar as imaxes deplorables na zona de viños e no entorno da Catedral e Camiño Primitivo ofrecendo unha imaxe degradante de Lugo aos peregrinos que ese día atravesaron a zona. “O que sucedeu é a consecuencia da falta de previsión que ten este bigoberno”.

Leave a Reply

five + 18 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies