EconomíaInfraestruturas

Antonio Ameijide e Mar Carballas participan en Bruxelas en reunións con representantes europeos para impulsar proxectos para Lugo e Galicia

By 1 Febreiro, 2023Sin comentarios

Tanto Antonio Ameijide como Mar Carballas, xunto a compañeiros da comitiva do PPdG, estiveron reunidos con representantes da política europea para abordar temas de calado para o municipio e a provincia como son como o impulso do Corredor Atlántico, a xestión de fondos europeos ou as axudas vinculadas á PAC

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide e Mar Carballas, participaron durante esta semana de varias xuntanzas de traballo con varios representantes da política europea en Bruxelas, reunións nas que, entre outros temas, abordaron asuntos fundamentais para o municipio e a provincia como o Corredor Atlántico, a xestión de fondos europeos, as axudas vinculadas á PAC, o veto á pesca de fondo ou a protección do lobo ibérico.

Explica Antonio Ameijide que durante estas reunións con representantes da política europea quedou clara a importancia do Corredor Europeo, tanto para o transporte de persoas como de mercadorías, no noroeste peninsular. Para o popular é fundamental que se cumpran os prazos acordados e recordou aos europarlamentarios a unión que existe no noroeste de España para demandar esta infraestructura, como proba a xuntanza a tres bandas da semana pasada (entre Galicia, Asturias e Castela e León). Pediron que se garantan os prazos para este Corredor, que según europa a rede básica será unha realidade en 2030; a rede básica avanzada en 2040 (a que inclúe a conexión con Oporto) e a rede global no 2050.

Durante estas xuntanzas tamén se abordou a importancia de que se desenvolvan as infraestruturas para que “Lugo no quede descolgado” xa que en Bruxelas “consideran que cómpre mellorar as comunicacións de Lugo, tanto por estrada como por ferrocarril, para que Galicia manteña o seu peso competitivo”, explicou Ameijide.

Pola súa banda, Mar Carballas sinala que nas xuntanzas ás que asistiu quedou patente a necesidade de que os concellos “sexan rigorosos e responsables” coa xestión dos fondos europeos. “Cómpre garantir que chegarán a Galicia e que poderemos beneficiarnos deles para desenvolver proxectos industriais competitivos e consolidar os xa existentes”, afirmou Carballas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies