Protectora

A Xunta cofinanciará a reforma da Protectora nas instalacións actuais sumando esforzos coa Deputación e o Concello

By 20 Marzo, 2025Marzo 21st, 2025Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular reafirma a súa disposición ao diálogo e á cooperación institucional. Neste sentido, a voceira Elena Candia anunciou que trasladará ao novo alcalde, Miguel Fernández, na reunión solicitada formalmente o pasado 12 de marzo, un paquete de medidas que considera prioritarias.

Unha delas é a da mellora das actuais instalacións da Protectora de Animais “unha demanda compartida por moitos veciños e mesmo polo propio Miguel Fernández que así o ratificou no discurso de toma de posesión”.

Nese senso Elena Candia anunciou que a Xunta de Galicia cofinanciará a reforma deste servizo xunto co Concello e coa Deputación indicando que este compromiso da administración autonómica o adquiriu nunha reunión que mantivo a voceira municipal e a Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático.

A voceira popular subliñou que “o normal sería que as 3 administracións se implicasen neste proxecto nós seguiremos defendendo que se mellore a ubicación actual en lugar de trasladala a outro lugar”.

A Deputación aprobou unha iniciativa do PP –coa adhesión dos deputados do BNG e o voto en contra do PSOE– para ampliar e mellorar a Protectora na súa localización actual.

Pola súa banda o goberno local vén de rexeitar a alegación aos orzamentos para este 2025 presentada pola Protectora para a súa legalización e mellora. Hai que lembrar que nos orzamentos municipais deste ano, tras a presión da veciñanza, incluíronse 100.000 € para melloras nas instalacións da Protectora e 400.000 € para a construción dunha nova nunha localización distinta, decisión que conta coa oposición dos voluntarios do servizo.

A voceira popular manifestou que dende o PP iniciamos a principios de mandato a así llo trasladarei a Miguel Fernández.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies