CulturaProposición

Aprobada a proposición sobre o equipamento e a programación do novo auditorio de Magoi

By 24 Novembro, 2016Sin comentarios

Malia os votos en contra do PSOE de Lugo  conseguimos que o resto dos grupos políticos respaldasen a proposición sobre o futuro do Auditorio de Magoi. Os socialistas son os únicos que se opoñen a conveniar con outras administracións para equipar esta infraestrutura e tamén son os únicos que rexeitan que a Deputación participe no seu uso e mantemento.

TEXTO PROPOSICIÓN

Hai máis de 6 meses que a Xunta de Galicia logo dun investimento de preto de 20 millóns de euros daba por concluídas as obras do proxecto do novo Auditorio, faltando para a súa posta en funcionamento a recepción por parte do Concello e o equipamento do mesmo, urxindo por tanto a utilización e posta en valor dun investimento desta magnitude.

O Auditorio que se construíu nunha época de crise económica, conta con dúas salas, unha con 900 prazas e outra de 300, e compleméntase con varias salas que poderán albergar exposicións ou para a celebración de reunións e congresos, así como un aparcadoiro con capacidade para 153 vehículos.

Finalizada a obra civil nos termos subscritos nun Protocolo entre o Concello de Lugo e distintas Consellerías da Xunta de Galicia o cal foi asinado o 8 de febreiro do ano 2008, é o momento de que o Concello proceda a súa recepción e chegue a un acordo para equipalo e para establecer a programación cultural e a planificación para a súa utilización.

O custe total do equipamento do Auditorio está orzamentado en torno a 3,5 millóns de euros e a Xunta de Galicia xa comprometeu 1,2 millóns de euros.

Por outra banda o Concello de Lugo nos orzamentos do ano 2015 incluiu unha partida que ascendía a 210.000 euros e a outra no ano 2016 de 50.000 euros, e dicir un total de 260.000 euros o que é un recoñecemento das obrigas do Concello con esta infraestrutura, sendo a achega da Deputación Provincial nula ata a data.

O Concello de Lugo tamén está a realizar unha obra de rehabilitación no edificio da vella cárcere as cales parece ser que están a piques de rematar e polo tanto sería interesante pensar no seu uso, así como da  programación cultural a levar a cabo no mesmo.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

  1. Instar a Xunta de Galicia a que achegue a cantidade comprometida para o equipamento do novo Auditorio por un importe de como mínimo 1,2 millóns de euros
  2. Instar ao Concello de Lugo e a Deputación Provincial a que nos orzamentos para o ano 2017 se inclúan as partidas necesarias que permitan completar o investimento ofrecido pola Xunta de Galicia para o equipamento do novo Auditorio.
  3. Instar ao Goberno Local a que deseñe unha estratexia global da programación cultural onde se teña en conta o uso das diferentes infraestruturas como (novo Auditorio, Vella Cárcere, Gustavo Freire, etc…)
  4. Instar ao Goberno Local a que asine un convenio de colaboración coa Deputación Provincial, coa finalidade de que esta institución, poida utilizar o novo Auditorio e a cambio participe no mantemento do mesmo.

Responder

fourteen − two =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies