O PP reta a Méndez “se non ten nada que temer” a aprobar a Comisión de Investigación da fábrica da luz

By 23 Marzo, 2021Economía, Infraestruturas

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide afirma que “se non fixeron nada malo, nada teñen que agochar” invitando a socialistas e nacionalistas a apoiar  a iniciativa que o PP leva ao pleno do xoves para impulsar este órgano “co que se limparía o nome da institución municipal das corruptelas deste caso”

Hai varias semanas que o goberno local de Lugo anunciou e aprobou o pago da indemnización de 2.4M€ á empresa concesionaria da Fábrica da Luz, motivo polo que dende o Grupo Municipal do Partido Popular se fixo pública a intención de solicitar a creación dunha Comisión de Investigación na que deberán de comparecer os principais actores implicados na concesión fallida da Fábrica da Luz, para que sexan os políticos responsables os que paguen a indemnización que provocaron.

Antonio Ameijide explica que dende o Grupo Popular nos vemos na obriga de presentar de novo esta iniciativa xa que tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo negáronse a debater e votar quen ten que pagar 2.4M€ a unha empresa debido á neglixencia do anterior goberno local: se os lucenses ou os políticos responsables.

Recorda o vicevoceiro popular que no pleno do mes de febreiro xa se presentou esta iniciativa, pola vía de urxencia, pero que tanto PSOE como BNG decidiron vetar o seu debate, “seguramente porque non lles interesaba que se aireasen a súas vergonzas e polo medo da alcaldesa a asumir a súa parte desta indemnización”.

Ante esta situación, o PP “está na obriga” de presentala de novo para que, ademais de esixir de oficio a responsabilidade dos concelleiros socialistas que propiciaron a indemnización de 2.4M€,  tamén se dea conta periodicamente a toda a corporación da evolución dos trámites. “Moito tememos que tanto PSOE como BNG tenten manipular o expediente para protexer os intereses persoais da alcaldesa e dos concelleiros e exconcelleiros de goberno”, afirmou.

No PP “por ética política” estamos convencidos de que a alcaldesa, así como outros políticos que participaron nesta concesión, “non están lexitimados para dirixir, nin directa nin indirectamente, o procedemento para evitar manipulacións ou que se teledirixa esta actuación xa que a alcaldesa e o seu séquito non poden xulgarse nin investigarse a eles mesmos”.

Ameijide clarifica que é fundamental evitar que os lucenses “paguemos” esta hipoteca millonaria a conta dos despropósitos da Fábrica da Luz nos que no seu nacemento participou o ex concelleiro socialista Liñares que “casualidades do azar”  foi condenado hai uns días por cohecho e prevaricación.

Para os concelleiros populares “é innegociable” o cumprimento do acordo de pleno acadado por unanimidade, en xuño de 2020,  para  que se inicien os trámites para esixir de oficio en vía administrativa a responsabilidade dos políticos que motivaron que a empresa concesionaria da Fábrica da Luz reclame unha indemnización de 2.4M.

Leave a Reply

four × two =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies