CulturaServizos sociaisTráficoTurismo

O PP reclama a convocatoria da Comisión de Planeamento para resolver problemas enquistados do urbanismo de Lugo

By 27 Abril, 2016Sin comentarios

O vicevoceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide lamenta que, unha vez máis, a alcaldesa “ralentice os plenos forzando á oposición a levar iniciativas que se poderían resolver con trámites que dependen da súa sinatura”O vicevoceiro do Grupo Popular acusa ao goberno local de “faltar a súa palabra” tras verse forzado o seu grupo a presentar unha iniciativa en pleno para que se constitúa a Comisión de Planeamento para analizar entre outros aspectos as repercusións da Lei do Solo, o 5% pendente do PXOM, o PEPRI ou a construción dun aparcamento gratuíto nos terreos municipais do entorno do HULA.

Antonio Ameijide lamenta que a alcaldesa se empeñe en forzar propostas deste tipo que se poderían resolver de forma rápida “coa súa sinatura” xa que “se houbese unha vontade política real e un interese por traballar en positivo pola cidade xa estaríamos traballando e avanzando nestas cuestións sen ter que retrasalo máis tempo”.

O popular ironizou coa actitude dos socialistas lucenses que “pretenden que se movan os lucenses para eles non moverse” en alusión á campaña de móvete por Lugo “moito marketing para tapar a súa ineficacia, inseguridade e falta de iniciativa”.

Ameijide lembrou que o seu Grupo presentou en reiteradas ocasións, peticións para que se  convocase a Comisión de Planeamento.  A máis recente hai un mes, xusto antes de que entrase en vigor a nova Lei do Solo de Galicia, que se reiterou logo por escrito dando un ultimatum aos socialistas “ao que fixeron caso omiso” matizou.

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide agarda o apoio dos outros grupos da corporación para crear unha mesa de traballo que poña en valor os 3 Bens Patrimonio da Humanidade co obxecto de “programar as inversiones das distintas administracións competentes no Camiño Primitivo, a Muralla e a Catedral”. O vicevoceiro do Grupo Popular explicou que “unha boa xestión destes recursos  repercutirá  na xeración de emprego e á dinamización da actividade económica”. Os populares apuntan que “non partimos de cero hai traballos de investigación de autoridades locales, e tamén hai propostas que presentou o Grupo Popular como por exemplo para fomento de obras de rehabilitación de vivendas con especial atención ás que están ao pé do Camiño”.

 

Os populares tamén presentan a debate do pleno a reordenación do tráfico no barrio da ponte xa que coa apertura da nova rotonda da autovía de Santiago incrementouse  á  intensidade de circulación  no barrio. Ameijide manifestou que hai que estudiar a implantación de medidas de calmado así como melloras na iluminación e a sinalización”.

 Ademáis de intensificarse o tráfico, coa recente apertura do novo acceso á Autovía os populares lembran que “hai que dar solución a outros vellos problemas provocados polo peche da ponte romana e os accesos da nova ponte cara ao barrio”. Nese senso o vicevoceiro popular apuntou que é fundamental dar prioridade de paso aos vehículos que entran por  Rego da Laxe, un dos accesos ao barrio dende a nova ponte, así deste xeito se evitaría o caos circulatorio que se produce en horas punta nesta encrucillada”.

Por último os populares pedirán que o Concello de Lugo se sume ao programa de vivendas baleiras da Xunta de Galicia para, en colaboración tamén coa FEGAMP, promover o acceso á vivenda de mulleres vítimas de violencia de xénero, de persoas maiores, de mozos e de colectivos desfavorecidos vulnerables ou en situación de exclusión social.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies