Zona rural

O PP pregunta por que se están a resolver solicitudes de licenzas de este ano cando aínda hai peticións sen abrir dos anos anteriores 

By 6 Agosto, 2020Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Manuel López explica que en Urbanismo se están a resolver solicitudes de licenza presentadas este ano a pesar de que hai peticións de anos anteriores sen comezar a estudar, tal e como recoñeceu o concelleiro de Urbanismo na comisión de Desenvolvemento Sostible do 24 de xullo, cando o criterio marcado para o seu estudo debería de ser por orde de entrada

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, pregunta ao goberno local polos criterios que seguen á hora de informar ou resolver as solicitudes de licenza de obra que reciben, xa que se comprobou como xa se resolveron varias solicitudes de licenza rexistradas neste ano, a pesar de que hai outras pendentes de anos anteriores e o criterio a seguir é “por orde de entrada de rexistro”.

Manuel López explica que foi o propio concelleiro responsable da área de Urbanismo, Miguel Couto, o que desvelou esta situación, ao asegurar na comisión de Desenvolvemento Sostible do 24 de xullo que:

“Dende o mes de xullo do 2019 ata o mes de xuño de 2020 (12 meses) os datos obtidos da BBDD de licencias arroxa os seguintes datos: Nos 6 meses de 2019 solicitáronse 11 licenzas de edificacións relativas a construccións de uso agrícola ou gandeiro, das cales 5 están resoltas por acordos da XGL (45,45%); en 2 emitíronse informes desfavorables por parte dos técnicos e notificáronse para a subsanación de deficiencias ou aportación de documentación adicional e 4 están pendentes de informar por parte dos técnicos municipais. En resumo un 63,63% das solicitudes foron xestionadas por parte dos distintos servizos municipais. Nos 6 meses do ano 2020 presentáronse 8 licenzas da mesma tipoloxía, das cales 2 xa están resoltas, outras 2 foron informadas desfavorablemente e notificadas para subsanacións, e 4 expedientes están pendentes de informe por parte dos servicios municipais. Se agregamos os dous períodos indicados conclúese que o 57% das solicitudes foron tramitadas polos servizos municipais”.

Ante esta situación, Manuel López pregunta a Miguel Couto por que hai catro solicitudes pendentes de informe do ano 2019, mentres que outras presentadas no 2020 xa se resolveron. “Gustaríanos saber cales son as directrices que seguen agora na área de Miguel Couto para resolver ou informar as solicitudes que chegan porque vemos que xa non se segue o criterio de orde de entrada, polo que quizais teña que explicar cal é o novo criterio a seguir”, sinala.

Ante esta situación, o concelleiro popular explica que hai outros veciños do rural que presentaron solicitudes en anos anteriores e que seguen agardando por unha resposta para saber se poden desenvolver os seus proxectos no rural, polo que “os veciños teñen dereito a saber como está a ordenar o traballo o concelleiro responsable de Urbanismo”.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies