O PP pide ao bigoberno que instale cámaras de vixilancia nas instalacións deportivas municipais ante a vaga de roubos

By 13 Decembro, 2019 Deportes, Seguridade

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Óscar Poy sinala que ao igual que outras dependencias municipais, como pode ser a sala de exposicións Porta Miñá, contan con sistemas de vixilancia, é preciso dotar as instalacións deportivas dependentes do Concello de Lugo de elementos que permitan mellorar a seguridade para evitar que siga adiante a vaga de roubos e actos vandálicos nas mesmas

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy, esixe ao bigoberno a instalación de cámaras de vixilancia nas instalacións deportivas municipais ante a vaga de roubos que se está a suceder nestas dotacións dende o verán.

Óscar Poy sinala que, segundo os datos que puidemos obter a través dos medios de comunicación, so os danos efectuados polos ladróns xa superan os 60.000€ e os máis de 40 asaltos realizados nas instalacións deportivas municipais son un aval máis que suficiente como para tomar medidas neste eido. “Lamentablemente non teríamos que ter chegado a este extremo. Máis de 40 asaltos ás instalacións municipais e o bigoberno segue cruzado de brazos”, denuncia.

Outras cidades da xeografía nacional, como Sevilla, Calpe, Paterna ou Málaga. Neste senso, cómpre recordar que calquer usuario das instalacións deportivas ten o dereito de sentirse seguro nelas e “se o bigoberno segue a permitir este tipo de asaltos” este dereito “desaparece” xa que o que se consegue “é unha sensación de inseguridade” porque ninguén asegura que esta vaga de roubos pase de centrarse so nas máquinas expendedoras a buscar outro botín nos almacéns dos equipos ou nas taquillas que empregan os usuarios.

O concelleiro popular recorda que “é certo” que non hai ningunha normativa específica que obrigue aos titulares das instalacións deportivas a contar con este tipo de medidas de seguridade, pero si que sería bo contar con elas para dar seguridade a todos os usuarios das mesmas.

Ante esta situación, o concelleiro popular insta ao bigoberno a tomar cartas no asunto e facer como xa fixeron outras administracións locais no resto de España: instalar cámaras de vixilancia para disuadir aos amigos do alleo. As instalacións máis afectadas polos roubos son o Palacio Municipal dos Deportes, os campos de fútbol das Gándaras e o pavillón Daniel Cordido, na Piringalla. Estas instalacións carecen de calquer tipo de sistema de alarma, polo que urxe instalar medidas que incrementen a nula seguridade existente, porque entre os cartos subtraídos e os danos causados “falamos de cantidades importantes”.

Non se trata da primeira vez que se suceden este tipo de roubos, polo que Óscar Poy sinala que dende o Grupo Municipal Popular se elevará unha proposición ao pleno para que o Concello de Lugo dote de sistemas de vixilancia as instalacións deportivas municipais para dar a estas dotacións máis seguridade e así disuadir aos ladróns de seguir a provocar danos nas instalacións municipais. “Pensamos que é oportuno dotar as instalacións municipais de vixilancia, xa que, por exemplo, outras instalacións municipais, como pode ser a sala de exposicións Porta Miña, conta cun sistema de videovixilancia”, sinalou.

Responder

4 × 4 =