Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular explican que os peregrinos que realizan o Camiño Primitivo, ao seu paso por Gondar, viven situacións de auténtico perigo xa que se ven na obriga de empregar o espazo reservado para os vehículos xa que a maleza invade por completo as cunetas

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo alertan do perigo que sofren os peregrinos do Camiño Primitivo ao seu paso por Gondar onde teñen que saír á estrada para poder seguir co seu camiño a Santiago.

Os concelleiros populares achegáronse ata este punto e constataron como a maleza invade por completo a cuneta en vías de titularidade municipal e provincial, polo que aos peregrinos non lles queda máis remedio que seguir o seu camiño pola zona reservada aos vehículos, o que provoca que se dean situacións de moito perigo.

Por esta situación, desde o Grupo Municipal se esixe a Concello de Lugo e a Deputación Provincial que tomen as medidas oportunas para garantir a seguridade dos peregrinos e condutores e para paliar a mala imaxe que están a transmitir do Camiño Primitivo ao seu paso por Gondar.

Leave a Reply

nine − 8 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies