Infraestruturas

O PP desvela que a xustiza confirma que o Concello ten a obriga de pagar as gardas e os servizos extraordinarios aos operarios da brigada de augas

By 30 Decembro, 2020Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, desvela que os xulgados lucenses veñen de dar a razón aos traballadores da brigada de augas no seu contencioso contra o Concello de Lugo, despois de levar varios anos sen cobrar polas gardas e os servizos extraordinarios realizados.

Antonio Ameijide recorda que hai moitos meses que os traballadores da brigada de augas optaron por non realizar máis gardas nin servizos extraordinarios debido a que non cobraban por esas tarefas realizadas fóra do seu horario, chegando ao punto de que o Concello de Lugo lles debe unha media duns 3.000€ a cada traballador por estes conceptos, cantidade que non seguiu aumentando porque os traballadores se negaron a seguir facendo servizos polos que non lles pagaban.

A sentencia, dictada polo xulgado do social número 1 de Lugo, establece que “se estima a demanda formulada polos actores e condenar ao Concello de Lugo ao abono das cantidades demandadas, que se incrementará cuns intereses do 10%”. Ademais, a sentenza é firme e non cabe recurso algún contra ela.

Esta sentencia vén a referendar as “lexitimas reclamacións” efectuadas polos traballadores da brigada de augas, xa que “todo traballador debe cobrar polo traballo realizado”.

O vicevoceiro popular recorda que o 26 de decembro de 2017, tres traballadores da brigada de augas decidiron ir aos xulgados lucenses polo impago que sufrían polas gardas localizadas e polos servizos extraordinarios, polos que o Concello de Lugo lles adebedaba 8.005€ aos tres empregados.

Trala presentación do contencioso en 2017, os operarios teñen que agardar ata xullo deste ano para ver a celebración do xuízo, varios meses nos que viron como o goberno local accedeu a pagar un dos meses que lles debía (o correspondente a novembro de 2016). Para Antonio Ameijide este pago efectuado polo Concello de Lugo “non se entende” xa que se acceden ao pago dun dos meses reclamados “por que non pagan todos os meses que deben”, polo que os obrigaron a ir a xuízo.

Na vista celebrada nos xulgados lucenses, os traballadores presentaron diversas probas, como o acordo do 16 de abril de 2008 no que o Concello de Lugo acepta pagar aos empregados da brigada de augas polas gardas localizadas e os reténs.

Un acordo que quedou aínda máis patente durante o xuízo trala declaración do xefe do servizo de augas durante o tempo que reclamaron os traballadores, xa que o responsable de augas declarou que “todos realizaban gardas localizables de 24 horas e había acordos sobre a forma de retribución e se lles abonaba como productividade”. É dicir, hai un recoñecemento claro de que se pagaba por eses servizos e cal era a forma de pagar por eses traballos, así que se non se pagou foi pola inquina do PSOE en desmantelar o servizo de augas.

Unha situación que contrasta co camiño tomado polo goberno local no tocante as súas remuneracións propias, xa que mentres permiten que os traballadores da brigada de augas leven anos sen cobrar polos traballos realizados, Lara Méndez e Rubén Arroxo pactan unha suba salarial para eles mesmos do 2%, que se traduce, por exemplo, no caso da alcaldesa nun aumento de 1.340€.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies