O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explicou que a administración local deixou escapar, en 2019, un investimento que tiñan adxudicado destinado a desenvolver un programa de difusión do monumento romano titulado “aprendendo e xogando coa Muralla de Lugo”

O vicevoceiro do Grupo Antonio Ameijide desvelou que o goberno local deixou escapar unha axuda de 42.235,50 € para promocionar e difundir o monumento máis representativo que temos os lucenses polo que anunciou que pedirá explicacións, en comisión, dos motivos polos que renunciou a este diñeiro.

O popular explicou que o Concello de Lugo presentou un proxecto titulado “Aprendiendo y jugando con la Muralla de Lugo” co que optou á convocatoria do Ministerio de Cultura y Deporte na que subvencionaban programas de conservación, protección e difusión de bens declarados patrimonio mundial. O proxecto de Lugo foi seleccionado entre outros 29 de toda España e figuraba  na listaxe de beneficiarios da convocatoria do ano 2019.

Para o popular “ter chegado a esta situación é, por un lado, un desprezo absoluto para os lucenses xa que, logo de ter concedido o diñeiro non se utilizou para potenciar a Muralla e, por outro lado, supón unha incongruencia ter feito un traballo e facer un esforzo para optar a unha axuda que logo se desbota sen máis”.

Ameijide amosa a súa sorpresa porque o goberno socialista e nacionalista de Lugo rexeitasen a colaboración do goberno de España para propiciar o desenvolvemento deste proxecto que beneficiaría a un Patrimonio Mundial “co que os lucenses nos sentimos tan identificados”.

“A actitude de prepotencia coa que gobernan é máis que evidente” reflexionaba o popular, quen tamén cuestionou “as políticas municipais para a posta en valor do monumento romano e para impulsar a súa difusión tanto a nivel nacional como internacional da Muralla”.

O popular considera que “agora é o momento, máis que nunca, de apostar pola difusión cultural, por atraer a visitantes e turismo nacional, difundindo a imaxe de Lugo en especial da nosa Muralla”. Ameijide reflexionaba que “despois das perdas económicas destes meses, e do San Froilán, urxe un plan de activación do comercio e a hostelería de Lugo” lamentando “que o abandono da difusión turística de Lugo poida supoñer outro golpe mais á economía da cidadanía”.

Leave a Reply

1 + eight =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies