O PP denuncia que Lara Méndez non “reacciona” e segue incumprindo a lei e aínda non levou a pleno a conta xeral de 2017

By 27 Novembro, 2018 Economía, Transparencia

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide confirma que Lara Méndez leva dous meses de atraso para aprobar en pleno a conta xeral, e remitila posteriormente ao Tribunal de Contas, quizais por vergonza porque os números “afundirían” aínda máis a súa imaxe e afianzarían a sensación de “ineptitude” socialista á fronte do Concello de Lugo

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denunciou que o goberno socialista de Lugo segue sen “reaccionar” en materia económica e aínda non remitiu ao Tribunal de Contas a conta xeral do Concello de Lugo do ano 2017.

Antonio Ameijide explica que segundo o artigo 212 da Lei de Facendas Locais esta é unha “obriga” de todos os concellos e teñen que aprobala en pleno antes do 1 de outubro de cada ano. O voceiro popular afirma que se trata dun documento de “importancia” xa que se os concellos non renden contas ante o Tribunal e non envían a conta xeral antes do 15 de outubro de cada ano, as consecuencias poden ser “moi negativas” para os concellos infractores xa que “poderase reter o importe das entregas a conta e, no seu caso, anticipos e liquidacións definitivas da participación nos tributos do Estado que lles corresponda, e ata que se considere cumprida tal obrigación de remisión”.

O ano 2017 é o exemplo perfecto do fracaso da política económica de Lara Méndez á fronte do Concello de Lugo. “Foi incapaz” de aprobar os orzamentos e, ademais, non cumpre coa lei. Suma dous meses de atraso para aprobar a conta xeral e, quizais, “non a aproba” por vergonza porque os números “afundirían” aínda máis a súa imaxe e afianzarían a sensación de “ineptitude” socialista á fronte do Concello de Lugo.

Unha situación que non é nova no Concello de Lugo xa que o goberno local bloquea a labor de oposición, xa que nos datos da conta xeral aparece, entre outros termos, a liquidación do orzamento do ano anterior, unha cifra fundamental para comprobar a inversión realizada polo goberno na cidade.

Antonio Ameijide explica que Lara Méndez, “como temíamos”, forma parte do novo socialismo que ten como máximo expoñente a Pedro Sánchez, “son políticos de pancarta e propaganda, pero incapaces de xestionar calquer administración”. O voceiro popular explicou que se ao presidente do Goberno central lle tirou por terra as contas a Unión Europea, “Lara Méndez xa as bota por terra ela mesma”.

O popular di que segundo os datos facilitados polo Tribunal de Contas, Lugo é unha das 16 capitais de provincia de España que aínda non facilitou a conta xeral ao Tribunal de Contas. Das 50 capitais de provincia, 30 xa facilitaron os datos, 16 non e das outras 4 (Bilbao, Vitoria, San Sebastian e Pamplona) non hai datos rexistrados.

Responder

seventeen + one =