O PP denuncia que a soberbia na política de persoal de Lara Méndez culmina coa confrontación do persoal municipal en dous bandos enfrontados

By 27 Decembro, 2018 Persoal, Transparencia

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide explica que a “incapacidade” da alcaldesa para dialogar e a súa estratexia para dividir ao persoal en bandos culminou cun enfrontamento entre os traballadores municipais e cunha alcaldesa que de novo camiña en “solitario”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, pediu “altura de miras” a Lara Méndez e ao seu equipo de goberno para deixar atrás a ruptura existente entre os traballadores do Concello de Lugo e así acadar unha solución positiva para todas as partes na negociación da RPT.

Antonio Ameijide explicou que Lara Méndez e o seu equipo de goberno “se encargaron de manexar ao seu antollo” a negociación e así “bloquear” aínda máis o Concello de Lugo e xerar unha situación de tensión nunca antes vivida nesta administración.

O popular recordou que a rexedora conseguiu que os traballadores municipais se puxeran en folga por primeira vez en 40 anos, o que paralizou aínda máis a vida diaria da cidade. E todo, pola incapacidade de Lara Méndez para dialogar e buscar consensos positivos, xa que os únicos que consegue son sempre na súa contra.

Ameijide denunciou que Lara Méndez e o seu equipo levan tres anos “enganando a todos”. “Levan tres anos dicíndolle a uns que van aprobar a RPT, sen facer nada, mentres aos outros lles prometen unha modificación, que tampouco fan. Tres anos de mentiras, xogando ao despiste”, expuxo o popular.

O voceiro popular afirmou que o equipo de goberno “perdeu a pouca lexitimidade que tiña” para seguir á fronte do Concello, polo que o mellor sería que a negociación a liderase o próximo goberno local, “un goberno que busque o diálogo, o consenso e a xenerosidade de todas as partes para acadar unha RPT que mellore as condicións de todos os traballadores, desde a Policía aos administrativos, pasando por bombeiros, técnicos e todos os traballadores desta casa”.

Antonio Ameijide destacou que “non se trata de poñerse a favor de uns ou de outros, trátase de poñerse do lado de toda a cidadanía” porque o dano que Lara Méndez lle está a facer á cidade “é irreparable”. “O mellor que lle pode pasar a esta cidade e aos lucenses é que Lara Méndez se marche e deixe de facer dano a unha cidade que foi a peor nos últimos vinte anos de goberno socialista”, sentenciou o popular.

Contratos fixos anuais
Antonio Ameijide defendeu ante o pleno unha proposta do Grupo Popular para instar ao Concello de Lugo a que en procesos de contratación que teñen unha periodicidade fixa, como o alumeado de Nadal, o San Froilán, Arde Lucus ou os desbroces, se inicie o procedemento de contratación cunha antelación suficiente ao comezo das actividades.

Ao voceiro popular non lle resulta raro todo o acontecido este ano co alumeado de Nadal tendo en conta a situación dos contratos no Concello, con 23 grandes contratos caducados, e o descontrol existente no pago a provedores, xa que no terceiro trimestre deixou sen pagar 8.500 facturas, cando no banco ten 36M€.

Por iso o Grupo Popular quere que os contratos cunha periodicidade anual se liciten cunha antelación “suficiente” que permita que todos os servizos comecen a funcionar “a tempo”, porque esas contratacións “se realizan sempre nas mesmas datas”.

Antonio Ameijde destaca que “se sabemos que estes contratos son fixos e, máis ou menos, o que se vai a precisar” non son entendibles os continuos retrasos do goberno socialista.

Ademais, o popular lamentou que nin Lara Méndez nin Carmen Basadre tiveron a “valentía” suficiente para dar explicacións ante o pleno e enviaron ao frente de batalla á edil de Economía que so foi capaz de expoñer argumentos “ridículos” para tentar salvar os mobles e iso que nin a convidaron á chocolatada que a alcaldesa montou para “celebrar o seu ridículo” e á que tampouco convidaron á concelleira de Cultura. “Iso si, convidaron a Álvaro Santos, que tentou tapar á alcaldesa nas fotos, e, sorprendentemente, hoxe non veu ao pleno a marcarlle o paso ao goberno local”, dixo o popular.

Escudo franquista
Antonio Ameijide non entende a “obsesión” de Lara Méndez de atacar ao presidente da Xunta, que a leva a decisións tan “absurdas” como que mentres Pedro Sánchez se afana en exhumacións a alcaldesa de Lugo obriga a “destapar” escudos franquistas tapados pola Xunta de Galicia para dar cumprimento á lei de memoria histórica.

O popular asegura que o goberno local está “desnortado” trala caída socialista en Andalucía que mesmo “tenta adiantar a Vox pola dereita”. Pese a iso, esta decisión non colle por sorpresa aos populares xa que hai uns meses o goberno local impediu retirar o escudo franquista do edificio de Sanidade e incluso rexeitou as alegacións presentadas polo goberno autonómico. “É incomprensible o anuncio de Daniel Piñeiro de seguir adiante coas sancións á Xunta, pese a que o goberno galego so quere dar cumprimento á lei de memoria histórica”, finalizou o popular.

Responder

five × 3 =