O PP considera “surrealista” que Ferreiro ciña a promoción de Lugo, unicamente, ao que fagan os lucenses

By 20 Febreiro, 2020 Cultura, Turismo

Para os populares é unha tomadura de pelo que a responsable de cultura do concello de Lugo, que cobra un soldo do erario público, confirme coas respostas que deu na Comisión de Cultura “que a representación municipal do PSOE-BNG estivo en Fitur só de paso”

O PP acusa á responsable de turismo de “renunciar á promoción de Lugo en Fitur” e afirma que as respostas desoladoras que lles deron na Comisión de Cultura, que se celebrou hoxe, supoñen un recoñecemento explícito de que a estadía nesta feira de turismo da representación oficial do Concello foi un “paripé, só foron a pasearse e a queixarse dos pinchos.

Beatriz Vázquez manifestou que “lamentablemente se confirman as nosas sospeitas: non se fixo ningún contacto nin a través das canles tradicionais cos touroperadores dos 140 países presentes nesta feira; tampouco se aproveitaron as novas canles de promoción como son: influencers, youtubers ou blogueiros; nin tampouco se estableceu ningunha reunión con representantes das catro cidades coas que Lugo está irmanado (a portuguesa Viana do Castelo; a chinesa Quinhuangdao; a francesa de Dinán e o Ferrol).

Para a popular é unha tomadura de pelo que “a edil responsable de cultura do Concello de Lugo eluda as súas responsabilidades” cando afirma que “en Fitur se xuntaron con calquera que estivese interesado pero que para ela é un orgullo que sexan os lucenses os que promovan o turismo”. Beatriz Vázquez explica que “o soldo que cobra do erario público é para que xestione adecuadamente esta área” criticando que ciña a promoción de Lugo ao que fagan os veciños e veciñas manifestando que “o turismo é algo máis serio. Para falar ben do noso concello non fai falla que nolo diga ninguén”, concluía.

Responder

10 + fifteen =