O PP confirma que Rubén Arroxo institucionaliza a provisionalidade cun carril peonil que é un risco para os peóns e unha chapuza estética para a Muralla

By 18 Xuño, 2020 Urbanismo

O voceiro do Grupo Municipal do PP Ramón Carballo explica que o vicealcalde confirmou esta mañá en comisión que o carril peonil da Ronda da Muralla vai a ser definitivo, sen proxecto, sen estudo de alternativas nin garantías para a seguridade dos peóns e por riba Arroxo pretende delimitar este carril trocando os conos laranxa que hai agora por outros de cor verde perpetuando a provisionalidade e a inseguridade na Ronda

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, criticou duramente a Rubén Arroxo, despois de que o vicealcalde recoñecera hoxe en comisión que a peatonalización dun carril da Ronda da Muralla vai a ser definitiva e que o único proxecto que teñen para facer efectiva esta medida é cambiar os conos de cor laranxa por outros de cor verde.

Para Ramón Carballo “é un insulto” á cidadanía, a Lugo e a Muralla a provisionalidade na que o vicealcalde está a sumir a Lugo, “sen esquecer a inseguridade” que supón para os peóns que un carril peonil se separe dun carril para vehículos por uns simples conos. Este tipo de actuacións precisan dun proxecto de obra, xa que hai que diferenciar claramente a zona peonil da zona destinada aos vehículos, “non baixar aos peóns da beirarrúa á calzada e poñer uns conos sen máis”, aseverou.

O voceiro popular critica a falta de proxecto de cidade que ten Arroxo, xa que quere perpetuar esta peonalización sen ter un plan de tráfico, xa que o vicealcalde recoñeceu que vai a haber un plan de tráfico, o que significa que agora carece del. Non hai que esquecer que hai poucos días que un condutor estivo a piques de provocar un accidente ao invadir o carril peonil da Ronda, ademais dos problemas de atascos que se están a producir o que dificulta en moitas ocasións a circulación aos vehículos de emerxencias. “A improvisación é a nova folla de ruta do BNG”, explicou.

Neste senso, Carballo evidencia a necesidade de que se encargue un plan de tráfico xa que agora hai atascos e iso que non contamos co aumento da densidade de circulación que haberá cando a actividade da cidade se recupere e os nenos volvan ao colexio, polo que a partir de setembro o caos pode institucionalizarse na Ronda da Muralla pola improvisación de Arroxo.

Carballo non se esquece do feísmo que vai a supoñer para a Muralla que se corte un carril de circulación cuns simples conos. “Está proposta improvisada evidencia a falta total de proxecto do BNG, que xa semella terse contaxiado da improvisación e da fórmula de traballo dos socialistas, xa que agora todo o goberno municipal actúa a golpe de titulares e fotos”, afirmou.

Por último, o voceiro popular quere deixar claro que no Partido Popular estamos a favor de aumentar as zonas destinadas aos peóns na Ronda da Muralla, pero o que pedimos neste caso ao vicealcalde é que presente o proxecto de obra desta peonalización e os estudios de alternativas para o tráfico rodado.

Leave a Reply

7 + eleven =