O PP alerta do “saqueo e do grave peligro” dos edificios, balsas e pozos da EDAR abandonada cuxo acceso está aberto e sen control

By 1 Xuño, 2020 Infraestruturas, Seguridade

O vicevoceiro popular, Antonio Ameijide, e o concelleiro Rafael Pérez Prados denuncian que “desvalixaron por completo a antiga Edar” e afirman que “que están entrando persoas ao seu interior para facer pintadas e reunións clandestinas” polo que piden ao goberno local que “tome xa unha decisión sobre o seu futuro”

O Partido Popular alerta que na antiga planta depuradora de augas residuais de Nadela onde “apareceu forzada e aberta, de par en par, a porta do peche perimetral, hai libre acceso a saqueadores ou persoas que fan dentro reunións clandestinas”.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide xunto ao concelleiro Rafael Prados comprobaron “o mal estado no que están estes edificios aos que se pode entrar sen ningún tipo de control” advertindo “do grave risco que supón poder acceder ás instalacións onde hai, pozas e balsas de varios metros de profundidade e edificios moi deteriorados”. Ameijide explicou que “hai nove anos, cando se inaugurou a nova EDAR, quedou a vella en óptimas condicións e en perfecto funcionamento, pero a medida que pasou o tempo, e dado que o concello abandonou as instalacións e non lles deu un uso degradáronse por completo: desapareceu do seu interior o material de pezas de repostos, roubaron cobre, motores, fiestras e portas, un material valorado en centos de euros e tamén hai pintadas por todos os sitios …”

Os populares insistiron, dende o primeiro momento, na necesidade de facer un programa para darlle un segundo uso a este inmoble industrial baleiro. En xaneiro de 2017 conseguiron a unanimidade do pleno para planificar unha segunda vida do edificio e máis cuantificar o gasto corrente que suporía dárlle unha nova utilidade”. Ameijide lamentaba que “os socialistas nunca fixeron nin se interesaron por nada, deixaron abandonar propiedades como esta, ou outras como a fábrica da luz, matadoiro municipal, os depósitos de Frigsa e Piringalla, a paxareira do Parque Rosalía ou as construcións do Campo da Feira de Nadela, entre outras …”

Os populares insisten en que queren coñecer o estado real da colección de inmobles sen utilidade que ten o concello de lugo lamentando que leven anos “impedíndonos sistemáticamete o acceso aos mesmos, e que en 20 anos en vez de buscar alternativas para reutilizalos os deixaran abandonar e desvalixar”. Por este motivo reiterarán a súa solicitude para facer unha visita aos inmobles abandonados para comprobar “in situ” como están xa que “queremos coñecer ata que punto chegaron os saqueos e os danos de este patrimonio municipal estimado nuns 12 Millóns de euros”.

Responder

seventeen − 5 =