PLAN MOBILIDADE URBANA E SOSTIBLE DE LUGO

Propoñemos un Plan de mobilidade urbana e sostible que pivota en  8 accións: 

  1. Potenciaremos o transporte urbano

Promoveremos a reestruturación integral do transporte público:

  • Liñas máis curtas Con frecuencias de 10 a 15 minutos
  • Transbordos gratuítos, establecendo puntos que sirvan de nós para facilitar transbordos.
  • Gratuidade para menores de 18 anos, persoas xubiladas, pensionistas e familias con escasos recursos;
  • Creación dunha APP para móbiles para informar, en tempo real, das chegadas de autobuses, frecuencias, enlaces e posibles incidencias no servizo
  • Melloraremos a información das paradas coa posta en funcionamento dos paneiss dixitais e coa colocación de novos paneis informativos.
  1. Novo sistema ORA
  • Propoñemos sistema de rotación gratuíto controlado directamente polo Concello cun vehículo cun sistema de lectura de matrículas ou ben con discos indicadores de hora de chegada.
  • Este sistema debe instalarse en zonas con dificultades de aparcamento (casco histórico, Milagrosa, Augas Férreas, Fontiñas ou San Roque) co obxecto de dinamizar o comercio local permitindo estancias, segundo a zona de entre 30 min e 4 horas. Tamén acreditaremos tarxetas para residentes.
  • Retiraremos as máquinas da Ora da cidade.
  1. Aparcadoiros municipais
  • Ampliaremos as dimensións das prazas dos aparcadoiros municipais de Santo Domingo, Praza do Ferrol e Praza da Constitución
  • Habilitaremos novos aparcadoiros disuasorios en parcelas municipais e estableceremos convenios con titulares de parcelas para habilitar novos aparcamentos disuasorios a cambio deexencións ou bonificacións.
  • Sacaremos a concurso o aparcadoiro praza Viana do Castelo ofrecendo as dúas primeiras horas gratuítas de aparcamento.
  • Propopoñemos realizar un estudo do tráfico e a organización do contorno da Praza de Augas Férreas para implantar estacionamentos en batería.
  1. Mobilidade peonil

Neste bloque propoñemos medidas que contribúan apromocionar o hábito de camiñar.

  • Propoñemos acondicionar un trazado de eixes continuos e seguros que atravesen a cidade
  • Crearemos #Lugocidadequecamina coa posta en marcha do metrominuto  que é un plano que indica distancias e tempo entre varios puntos da cidade coa idea de fomentar desprazamentos a pé.
  • Avanzaremos na peonalización da ronda da muralla acometendo o tramo da zona da Mosquera no treito que vai dende a praza da constitución e a porta de San Pedro
  • Acometeremos a peonalización completa da ronda interior da muralla
  • Ampliaremos o ámbito de actuación da peonalización de Quiroga Ballesteros na zona que linda coa traseira do Cuartel de San Fernando entre as rúas San Froilán e Bolaño Rivadeneira.
  • Avanzaremos na mellora da mobilidade vertical actuando en novos puntos como a escalinata do barrio da estación o unha zona de Volta da Viña.
  1. Plan integral de protección ao peón e propostas de seguridade vial.

O obxectivo das medidas expostas é traballar coa visión de accidentes cero:

  • Reforzaremos a sinalización led con detectores de presenza nos pasos peonís máis transitados e perigosos
  • Faremos un mantemento periódico e melloraremos a sinalización horizontal e vertical
  • Melloraremos a seguridade no contorno dos colexios
  • Melloraremos a seguridad no camiño primitivo
  • Promoveremos campañas de sensibilización involucrando ás crianzas na necesidade de cumprir as normas de tráfico e fomentar as boas prácticas de condución
  • Desenvolveremos cursos de reeducación vial para maiores de 65 anos no parque de tráfico López Mella
  • Sumarémonos á programación da semana mobilidade europea
  1. Mobilidade vehículo privado

Deseñaremos un mapa cos puntos negros de tráfico que contemplarán:

  1. A remodelación de interseccións perigosas,
  2. Impulsaremos a obra rotonda Alfonso X,
  3. A mellora ou creación de novas rotondas,
  4. Actuaciós en barrios como o da Ponte, polígonos industriais,
  5. Completaremos o Plan Paradai

 Melloraremos os accesos a Lugo:

  1. Axilizaremos o desdobramento e a iluminación da Avenida de Duquesa de Lugo;
  2. Dignificaremos a entrada pola Fervedoira da Avenida Adolfo Suárez
  3. Promoveremos un plan de tráfico específico para mellorar a mobilidade da estrada vella de Santiago

 Levaremos a cabo o redimensionamento dos carris en varios cruzamentos de Lugo para mellora de seguridad de peóns e condutores en puntos como de Pintor Corredoira coa Ronda de Fingoi; unión da Ronda da Muralla con a rúa Santiago, entre outros

  • Impulsaremos o desdobramento e iluminación Ronda Norte
  • Impulsaremos a execución da Ronda Leste
  • Resolveremos o acceso da cidade dende a ponte branca 
  1. Mobilidade ciclista
  • Creación dunha rede integral de carrís bici pola cidade así como unir o único carril bici de Fingoi co río.
  • Promoveremos o carril bici de Ombreiro
  • Recuperaremos o sistema de préstamo de bicicletas
  • No Parque infantil López Mella promoveremos cursos gratuítos, durante todo o ano, para circular en bici así como mellorar as técnicas de circulación
  1. Plan específico de tráfico para o casco histórico: 
  • Renovaremos o sistema de control de entrada mediante cámaras retirando os actuais bolardos
  • Buscaremos ampliar o número de espazos de carga e descarga para facilitar e reducir os tempos destas operacións
  • Rediseñaremos os itinerarios de paso dos vehículos dentro do casco histórico

Mobilidade e medio ambiente

  • Primaremos o uso de vehículos limpos con instalación de puntos de recarga de coches eléctricos
  • Renovaremos de forma progresiva por coches eléctricos os vehículos do parque móbil municipal
  • Bonificacións para particulares e empresas que optan por este tipo de vehículos 

 

Voltar as propostas