Ramón Carballo ratifica su compromiso de impulsar la Ronda Norte y la Ronda Este, dos infraestructuras fundamentales para Lugo

By 20 mayo, 2019 Lugo en marcha

El candidato a la alcaldía de Lugo explicó que se queremos que Lugo sea una ciudad de primera y referente en diversos campos tenemos que conseguir primero una ciudad bien comunicada, lo que facilitará además el crecimiento de la ciudad

Ramón Carballo ten claro para facer que Lugo funcione e poñer #LugoEnMarcha é preciso apoiar decididamente as infraestruturas que facilitarán o crecemento, polo que amosa o seu compromiso de impulsar dende a alcaldía o “desdobramento e iluminación da Ronda Norte e a execución da Ronda Leste”.

Ramón Carballo explica que se queremos un Lugo de primeira e que a cidade sexa referente en diferentes eidos temos que conseguir primeiro unha cidade ben comunicada, “de aí o meu firme compromiso de apoiar e impulsar estas dúas infraestruturas”.

Pero o alcaldable popular non se queda so con estas medidas, senón que tamén quere melloraremos os accesos a Lugo a través da axilización do desdobramento e iluminación da Avenida de Duquesa de Lugo, dignificar a entrada da Avenida Adolfo Suárez pola Fervedoira, promover un plan de tráfico específico para mellorar a mobilidade da estrada vella de Santiago ou resolveremos o acceso da cidade dende a ponte branca.

Medidas que facilitarán o acceso a Lugo e que irán da man doutras que mellorarán a circulación e a seguridade no entorno urbano. Entre esas outras medidas están o redimensionamento dos carrís en varios cruzamentos de Lugo para mellorar a seguridade de peóns e condutores en puntos como de Pintor Corredoira coa Ronda de Fingoi ou na unión da Ronda da Muralla con a rúa Santiago, entre outros.

Para Ramón Carballo é fundamental mellorar os accesos a Lugo e a seguridade viaria, por iso tamén se marca como obxectivo deseñar un mapa cos puntos negros de tráfico que contemplarán, entre outras medidas, remodelar as interseccións perigosas, impulsar a obra rotonda Alfonso X, estudar puntos conflitivos de tráfico e dotalos de rotondas ou outros elementos que melloren a seguridade e actuacións concretas e individualizadas en barrios e polígonos industriais.

Responder

15 − ocho =